Santiago. Colegio de la Compañía de María `Enseñanza`. Una de las clases
Barcelona : Fototipia Thomas [s.d]
1 postal : Positivo en branco e negro ; 90 x 138 mm Papel. Bo.
0
A Fototipia Thomas foi creada en 1880 por Joseph Thomas i Bigas (Barcelona, 1852 - Berna (Suiza), 1910). Unha das súas liñas de traballo foi, desde 1901, a edición de tarxetas postais ilustradas con fotografías de temas locais. A partires de 1905 comenza a publicar coleccións de postais de diferentes puntos da xeografía española, traballando con diferentes fotógrafos dos que non se coñecen os nomes. Á morte do seu creador, a súa actividade continuou da man dos seus fillos. A partires da Guerra Civil foi decaendo ata a súa desparición nos anos 60.
Aula con varios pupitres no centro; ao fondo, a mesa da mestra con tres cabaletes con paneis e un encerado. Nas paredes, cadros e mapas pendurados