Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.06 - Coleccións facticias
01.07.06.02 - Coleccionismo
01.07.06.02.01 - Arte

Mosaico romano de Paxón
1900, ca.
7 folla (s) ; 30 x 21 cm. e inferiores Papel. Bo.
0
A peza foi atopada a mediados do século XIX, durante unhas excavacións realizadas «no sitio chamado o Castro» de Panxón, un lugar onde antigamente existiu unha vila romana xa que moi cerca apareceron outros restos arqueolóxicos. Pertenenceu a dona Umbelina González Lavandeira, viúva do señor De Puga, que o utilizou como cuberta dunha mesa na súa casa de campo na parroquia de San Xoán de Panxón «co fin de protexelo, e para evitar a súa desaparición`, embutiron o mosaico nunha mesa de castiñeiro e polisandro. A finais dese mesmo século a mesa co mosaico pasou a formar parte da colección Blanco-Cicerón mediante compra. No 2000 foi vendido en Castellana Subastas, en Madrid. Descoñécese o seu paradoiro, ata que reapareceu no catálogo da casa Carlton Hobbs, de Nova York en 2019, co número de referencia 9127.
Varios borradores
Historia do descubrimento do mosaico de Panxón, inclúe unha detallada descrición: dimensións, un metro cadrado e 20 centímetros de espesor. Os motivos decorativos: o muxo e dúas ameixas.
Castelán
RBC/Caixa169-05
Mostrar nivel inferior