1 postal : Positivo en branco e negro ; 90 x 138 mm. Papel. Bo.
0
A Fototipia Thomas foi creada en 1880 por Joseph Thomas i Bigas (Barcelona, 1852 - Berna (Suiza), 1910). Unha das súas liñas de traballo foi, desde 1901, a edición de tarxetas postais ilustradas con fotografías de temas locais. A partires de 1905 comenza a publicar coleccións de postais de diferentes puntos da xeografía española, traballando con diferentes fotógrafos dos que non se coñecen os nomes. Á morte do seu creador, a súa actividade continuou da man dos seus fillos. A partires da Guerra Civil foi decaendo ata a súa desparición nos anos 60.
Vista xeral do Colexio San Xerome desde o Hospital Real, co inico da rúa de Raxoi. Vision de parte da praza do Obradoiro con farolas e dúas mulleres con indumentaria tradicional, a mais de parte da fachada do claustro da catedral coa torre de Vela.