(Betanzos, 1864 - Santiago de Compostela, 1934) galeguista, profesor e político. Licenciado en Dereito en 1882. Doutor en 1887, entrou como profesor auxiliar ata 1903, e despois como catedrático de Dereito Internacional. Foi decano na facultade de Dereito na Universidade de Santiago en 1919. Enmarcado na época do rexionalismo, introduce a corrente galeguista nos estudos de Dereito, a través da súa vinculación ao Grupo Nós, e, moi especialmente, ao Seminario de Estudios Gallegos, do que foi presidente desde 1928 e xefe da Sección de Historia.
Participou activamente na Exposición Regional Gallega de 1909, sendo o Vicepresidente da Comisión da Sección Arqueolóxica, e Presidente da Sub-Comisión de Correspondencia da (Sección Arqueolóxica).
Foi alcalde de Santiago entre os anos 1910-1914 e Presidente do Círculo Católico de Obreros en Santiago dende 1898. Tamén exerceu o cargo de secretario da Real Sociedade Económica de Amigos del País de Santiago e foi membro numerario da Real Academia Galega, membro correspondente das Academias de la Historia, de Bellas Artes, de la Lengua, así como da Sociedade Martín Sarmiento e do Instituto Histórico do Minho.
Senlleiro xurista, poeta, dramaturgo e ensaísta, fixo numerosos discursos, traballos de investigación, artigos en revistas e periódicos tanto nacionais como estranxeiros (El Libredón, La Unión, El Correo, La Ilustración Artística ou La España Regional). No eido da investigación, intereouse por temas de dereito, centrándose en... ver más cuestións educativas e legais como a ensinanza do Dereito Romano. Tamén adicouse á creación poética co seu poemario Primicias (1892) ao teatro coa obra Camiño da vila (1915), ou Memoria, peza en prosa para os Xogos Florais de Tui de 1891.... menos
2.4. Forma do ingreso
Doazón Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo 2012 e 2016
3. Área de Contenido y Estructura
3.1. Alcance e contido
Inclúe a correspondencia tanto recibida como a emitida por Salvador Cabeza de León, vicepresidente da Comisión da Sección Arqueoloxía e Presidente da Sub-Comisión de Correspondencia (Sección Arqueolóxica), durante os preparativos da Exposición Regional Gallega de 1909.
3.2. Valoración, selección e eliminación.
Non está previsto
3.3. Novos ingresos ou transferencias
Pode haber novas achegas
4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.
4.2. Condicións de reprodución
Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación
Castelán
4.4. Características físicas y requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Regular.
4.5. Instrumentos de descripción
Instrumentos de descripción Base de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego, inventarios, catálogos de exposicións e publicacións do Museo do Pobo Galego
5. Área de Documentación Asociada
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
5.4. Nota de Publicacións
Saenz-Chas Díaz, Belén, Fernando Acuña Castroviejo e María Reis Camiña Castro,`Olladas dunha época: Fotografías do fondo Blanco-Cicerón`. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Museo do Pobo Galego, 2009.
Exposición Galega de 1909: Conmemoración do 1º Centenario Exposición Regional Gallega Santiago 1909. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Museo do Pobo Galego, Instituto de Estudios Galegos `Padre Sarmiento`, 2010.
Balseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018
7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000