Descargar
Nivel de descrición:

PIEZA

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.08 - Familia Acuña Castroviejo
01.08.03 - María Núñez Pené
01.08.03.02 - Documentos persoais
01.08.03.02.02 - Fotografías
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.08.03.02.//FamAC/Foto-22//002


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

FamAC/Foto-22//002

1.2. Título

Retrato de María Núñez Pené cun fillo

1.3. Datas

1880, ca . Vigo

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 138 x 97 mm. sobre cartón 164 x 107 mm. Papel.. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Prosperi, Filippo, ?-1899, Fotógrafo . (Vigo )

Núñez Pené, María Teresa, 1860-1928

2.2 Historia Institucional/Biografía

Filippo Prosperi Cortechi (?-1899), comeza a súa actividade como fotógrafo en Pontevedra arredor de 1867, instalado na rúa Parador, 2. Nesta cidade coñece e casa con Cándida Otero (1846-1915), coa que traballa no estudo fotográfico. Sen abandonar a actividade en Pontevedra, abren estudo en Vigo en 1880. Á morte de Filippo, será Cándida a encargada de dirixir o centro de Vigo en asociación co fotógrafo Pacheco.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

En formato oval, retrato feminino de 3/4, sedente e frontal. A muller viste traxe escuro, leva os cabelos recollidos ao medio e mira cara o bebé que ten nos brazos.

No reverso, mención de responsabilidade: Fotografia Italiana / F. Prosperi / Triunfo, nº 4 / Vigo
No anverso do soporte adicional, mención de responsabilidade: Retrato Album / F. Prosperi Fotº Vigo

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

6. Área de notas

6.1 Nota xeral

María Núñez Pene foi a bisavoa dos doantes, Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Indumentaria - Moda internacional
Fotografías

Núñez Pené, María Teresa, 1860-1928

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0004716FamAC/Foto-22//002Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020Disponible