1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./01.07.06.01.11.//RBC/Caixa190-01//21
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
RBC/Caixa190-01//21
1.2. Título
Comunicación do Conde de Ittre a José Manuel de Villena sobre o cambio do supervisor das obras do cuartel de Santa Isabel
1.3. Datas
1754-11-15 . Santiago
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
2 folla(s) ; 29.5 x 20.5 cm. Papel. Bo.
2.1. Produtor-Institución
Villena y Guadalfajara, José Manuel de, Marqués de Gauna, 1711-17702.2 Historia Institucional/Biografía
Marqués de Gauna, foi Cabaleiro de Xustiza da Orde de San Xoán e primer marqués do Real Tesouro. Garda marina no Departamento de Cádiz desde 1727, só dous anos máis tarde ascendeu a alférez de navío, despois a tenente de fragata, tenente de navío, capitán de fragata, capitán de navío, e xefe de escuadra ata chegar a tenente xeneral en 1774. Ao mando de distintas fragatas e navíos sostivo varias accións de guerra e tivo ao seu cargo a flota que pasou pola A Habana e Veracruz. En 1749 era comisario xeral do Real Corpo de Artillería de Marina, ata que foi presidente da Casa da Contratación, tomando posesión en Cádiz en 1763 e no que se mantivo ata a súa promoción a unha praza de ministro do Consello de Guerra en 1774.
José Manuel de Villena y Guadalfajara, Conde de Ittre, foi militar, gobernador e capitán general de Galicia. En 1754, parece ser que xa era titular da Gobernación e Capitanía General de Galicia ata o seu falecemento. A súa estancia en Galicia estivo dominada polos enfrentamentos cos outros poderes do Reino, coa Real Audiencia, co rexente do Real Tribunal galego Alonso Muñiz Caso Osorio, futuro marqués do Campo Villar, co intendente xeral José de Avilés, coa Xustiza e Rexemento da A Coruña, co gobernador militar da praza coruñesa, ou incluso coa Igresa metropolitana de Santiago.
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016
3.1. Alcance e contido
Documento asinado polo gobernador e capitán xeral de Galicia ao rexente da Real Audiencia do Reino de Galicia, para o cambio do capataz maior das obras do cuartel de Santa Isabel, por requerirse a súa presenza no rexemento de Cantabria ao que pertencía
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.
4.2. Condicións de reprodución
Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación
Castelán
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
6.1 Nota xeral
O documento forma parte dun conxunto sobre a obra do cuartel de Santa Isabel, estruturado por meses e polos anos 1754 e 1755
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
Correspondencianº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0004845 | RBC/Caixa190-01//21 | Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020 | Disponible |