Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.95 - Museo do Pobo Galego
03.06.95.04 - Exposicións

[Presentación e inauguración da exposición "De Rosalía a Castelao: Galicia"]
1985-07
3 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 120 x 180 mm. Papel. Bo.
0
Esta fotografía non se atopa baixo dominio público. Contido non dispoñible por dereitos de autor. Non está permitida a súa visualización pública nas plataformas web do MPG nin a cesión a terceiras persoas para a súa reprodución.
A imaxe pertence ao arquivo do xornal El Correo Gallego que facilitou unha copia para o Arquivo do Museo e para ilustrar unha exposición da historia da institución ao facer 30 anos
01. Rolda de prensa da presentación da exposición "De Rosalía a Castelao: Galicia". Sentados ante unha mesa sobre a que está o cartaz da exposición, Iago Seara, Raquel Casal García como Directora Xeral de Patrimonio Artístico e Monumental, Justo Beramendi González, Carlos García Martínez e xornalistas.

02. Visita a exposición durante a inauguración coa presencia de Teresa Castelao, Xerardo Fernández Albor, Presidente da Xunta de Galicia e Xaquín Lorenzo Fernández, Presidente do Padroado do MPG.

03. Outro momento da visita durante a inauguración con Xerardo Fernández Albor acompañado de membros do Padroado e de público.
MPG/Foto-101//07
Mostrar nivel inferior