1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 86 x 52 mm. sobre cartón de 105 x 62 mm. Papel.. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudo que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo. Foi moi popular nos anos 1863-1865.
No reverso, mención de responsabilidade, impresa: `Fotografía Española / Pasage de Colon nº 2 / Barcelona`.
No anverso, impreso: `Pujada y CIA`
Vista xeral dunha escultura de corpo enteiro, branca sobre fondo escuro. A figura sedente representa a un pintor, na man esquerda leva un pincel e na dereita a paleta coas pinturas. Vai sentado nun tallo e sobre unha pequena peaña cunhas letras incisas.