Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.06 - Coleccións facticias
01.07.06.02 - Coleccionismo
01.07.06.02.01 - Arte
RBC/Caixa169-01 - [Colección de ourivería Blanco Cicerón]
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15708.AMPG./01.07.06.02.01.//RBC/Caixa169-01//02


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Caixa169-01//02

1.2. Título

[Debuxo do torques de Recadieira II]

[S.n.]

1.3. Datas

1909, ca.

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 folla (s) : Debuxo a lapis coloreado en ouro ; 23 x 33 cm. Papel. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Campo Sobrino, Enrique, 1890-1911

2.2 Historia Institucional/Biografía

Campo Sobrino foi un pintor e debuxante que destacou polos seus traballos para a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, foi nomeado socio de mérito en 1906, con só 16 anos, desde ese momento converteuse en debuxante oficial e colaborador habitual da mesma.
Enrique Campo debuxou centos de edificios, monumentos, petróglifos, escudos e distintas pezas de arte, ao longo das continuas viaxes que realizou por terras de Pontevedra. Destaca a súa participación na Exposición Rexional Galega de 1909, xa que foi designado delegado da sección arqueolóxica, froito desta designación, recorre xunto ao gravador comspostelán Enrique Mayer, varias zonas de Galicia co propósito de recoller material para a mostra rexional.
En outubro de 1909, grazas a unha bolsa da Deputación de Pontevedra, marchou a Madrid para cursar estudos artísticos, onde descobre, unha ara romana, que hoxe se conserva no Museo Arqueolóxico Nacional. O achado serviulle para ser nomeado membro correspondente da Real Academia de la Historia en 1910.
Meses despois cae enfermo e ante a inminencia da súa morte trasládano a Pontevedra, onde morre o 2 de xuño de 1911, sen cumprir aínda os 21 anos

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Debuxo dun colar ríxido en forma de `C`, case circular, composto por barra de sección circular no centro lisa, nos laterais, adornado en espiral, cun arame circular enrolado. Ten os remates bitroncocónicos

Manuscrito a lapis, folla numerada co 2 e anotación 1`460

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

6. Área de notas

5.4. Nota de Publicacións

[S.n.]

6.1 Nota xeral

Torques de Recadieira, por ter aparecido no castro do mesmo nome no concello lugués de Mondoñedo en 1876. A peza da cultura castrexa formou parte da colección de Blanco Cicerón, despois pasou a Álvaro Gil Varela, quen o deixou como legado ao Museo Provincial de Lugo en 1974.

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Lugo-Mondoñedo-Os Remedios (Nosa Señora)-A Recadieira

Arte
Debuxos
Coleccionismo
Ourivería

8.3. Datos adicionales: Editor si procede

[S.n.]

8.9. Datos adicionais. Cobertura

Lugo-Mondoñedo-Os Remedios (Nosa Señora)-A Recadieira

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0003155RBC/Caixa169-01//02Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020Disponible