1.1. Código de referencia
ES.GA.15703.AMPG./01.09.01.01.//VGM/Caixa636-07//09
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
VGM/Caixa636-07//09
1.2. Título
Carta a Isidro Buceta para remitir testemuños de prensa e autoridades a favor de Victoriano García Martí
1.3. Datas
1937-12-12
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 folla(s). ; 27,5 x 22 cm Papel. Regular.
2.1. Produtor-Institución
Buceta Buceta, Isidro, 1883-19742.2 Historia Institucional/Biografía
Isidro Buceta Buceta (1883 -1974), avogado, xornalista e escritor galego. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1904). Foi director do xornal O Progreso. Foi concelleiro e síndico do Concello de Pontevedra e presidente do Recreo de Artesáns. Vinculouse ao agrarismo na súa última etapa no Progreso, cando se produciu a escisión entre monteristas e riestristas, apoiou o movemento de Acción Galega e ao seu líder Basilio Álvarez, e iniciou unha campaña contra o marqués de Riestra. En 1916 foise a Madrid onde exerceu a avogacía. En 1923, por mor dos acontecementos agrarios de Sobredo, foi convidado polo Ateneo de Madrid para explicalo. Esta conferencia publicouse como `El agrarismo gallego y su momento actual`. Nas eleccións municipais de abril de 1931 foi candidato da coalición monárquica por Madrid. Durante a II República estivo vinculado ao Partido Agrario Español e en 1935 tratou de impulsar a súa implantación na provincia de Pontevedra.
Isidro Buceta é o avogado que leva a cabo as xestións para sacar a Victoriano García Martí do cárcere en Burgos.
2.4. Forma do ingreso
Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Eduardo Beiras García e Carmen Beiras García
Data do ingreso
2011, 2017, 2020
3.1. Alcance e contido
Escrito dirixido ao avogado Isidro Buceta adxunto dos testemuños tomados do xornal El Pueblo Gallego de Vigo e de autoridades civís e relixiosas para interceder por Victoriano García Martí.
Os documentos aos que aluden na carta non están neste expediente
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados polo propio titular da documentación, aos que se lles aplica a restricción marcada pola lei vixente.
O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.
4.2. Condicións de reprodución
Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación
Castelán
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Regular.
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
García Martí, Victoriano, 1881-1966 España - Guerra Civil8.9. Datos adicionais. Cobertura
España - Guerra Civilnº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0000111 | VGM/Caixa636-07//09 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible |