Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.95 - Museo do Pobo Galego
03.06.95.02 - Actos

[Visita das SS.MM. os Reis de España ao museo]
1991-06-11
16 fotografía(s) : Positivo en cor ; 200 mm x 250 mm Papel. Bo.
0
Mención de responsabilidade, cuño de tinta no reverso: Dalda. Fotografía-Vídeo. Marqués de Leis, 19. Teléf. 570 05 00. 28020 Madrid
01. Xoán Carlos e Sofía entrando na igrexa de Bonaval, acompañados por Don Antonio Fraguas, Presidente do Padroado do MPG, Xosé Filgueira Valverde e Manuel Fraga Iribarne, Presidente da Xunta

02. Xoán Carlos saudando a Teresa Castelao

03. Xoán Carlos e Sofía facendo unha ofrenda floral no Panteón de Ilustres de Galicia

04. Os Reis acompañados de Don Antonio Fraguas e resto de autoridades no claustro baixo do museo.

05. Os Reis acompañados de Don Antonio Fraguas e resto de autoridades nunha exposición no claustro alto do museo.

06-10. Visitando a Sala de Arquitectura Popular

11-12. Xoán Carlos e Sofía visitando a Sala do Mar

13. Xoán Carlos I asinando no Libro de Ouro do MPG

14. Sofía asinando no Libro de Ouro do MPG

15. Os Reis abandonando o museo acompañados de Don Antonio Fraguas, Jordi Solé Tura e Manuel Fraga Iribarne

16. Don Antonio Fraguas dando a man á Raíña Sofía, xunto a Xosé Filgueira Valverde
MPG/Foto-102//02
Mostrar nivel inferior