1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./01.10.
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
1.2. Título
Casa Fernández - San Mamede de Moalde (Silleda)
1.3. Datas
1703 / 1971
1.4. Nivel de descrición
Fondo
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
Papel.
4 u.i.
2.3. Historia Archivística
Doazón realizada pola Familia Rodríguez Filgueiras no ano 1992, da colección documental atopada nunha casa adquirida por esta familia na parroquia de San Mamede de Moalde, concello de Silleda.
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Familia Rodríguez Filgueiras
1992
3.1. Alcance e contido
Os documentos están relacionados con membros da familia Fernández: Documentación patrimonial e persoal (fes de bautismo, testamentos, herdanzas e escrituras de repartimento; así como a relacionada coas casas pertencentes a esta familia); documentos de venda, troco e arrendamentos realizados nos concellos de Silleda, A Estrada e Lalín principalmente, e é tamén importante a presenza de documentos xudiciais (denuncias, preitos, sentencias...) de distintos procesos que implicaron a membros desta familia; así mesmo e debido a que un dos membros, Antonio Fernández, era cura presbítero, hai diversos documentos eclesiásticos, a maior parte deles procedentes do Bispado de Lugo, relacionados coa súa función eclesiástica.
O fondo se completa con documentación varia, de diversa tipoloxía relacionada con actividades da familia ou dos seus veciños.
Finalmente, a doazón inclúe unha serie de obxectos que se incorporan tamén aos fondos do Museo
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
Pontevedra-Silleda-Moalde (San Mamede)8.9. Datos adicionais. Cobertura
Pontevedra-Silleda-Moalde (San Mamede)nº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0000045 | 01.10 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible |