Carta de José Taboada ao Arcebispo de Santiago sobre a enfermidade do cólera da que se falara nunha homilía
1835-02-08
4 folla(s) ; 30 x 21 cm. Papel. Bo.
PapelA circular está impresa.
Inclúe borrador da carta.
Selo do Goberno Civil de A Coruña.
Carta de José Taboada, do Goberno Civil de A Coruña, ao Arcebispo de Santiago sobre unha pastoral lida nese día na que se falaba da chegada do cólera a Santiago. Taboada explica a súa disconformidade con ela, xa que é unha información do ano anterior. Por esta razón lle acompaña unha circular que xa remitiu na que se desminte esa información.