Descargar
Nivel de descrición:

Fondo

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.29.


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura


1.2. Título

Uxío de la Riva Pol

1.4. Nivel de descrición

Fondo

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

6 u.i. Papel. Placas fotográficas.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Riva Pol, Uxío de la, 1936-2005

2.2 Historia Institucional/Biografía

Uxío de la Riva Pol (Santiago de Compostela, 1936-2005). Por parte paterna, a súa familia establécese en Santiago no século XVIII, procedente da localidade rioxana de Ortigosa de Cameros.
Gran parte da súa actividade profesional desenvolveuna na Caixa de Aforros de Santiago. Ocupou cargos en varias agrupacións e asociacións da cidade como Cantigas e Agarimos ou o Casino. Formou parte da tuna compostelá.
A Uxío sempre lle gustou presumir da súa cidade e de ser compostelán, identidade que levaba con grande orgullo. Por todo isto non é de estrañar que se dedicara con entusiasmo a gardar a memoria da súa entrañable Compostela, a través da colección de tarxetas postais. Iniciou esta actividade sendo moi novo, chegando a atesourar máis dun millar de postais da cidade de Santiago e que depositou no Museo do Pobo Galego no ano 1988.

2.3. Historia Archivística

Doazón persoal de Uxío de la Riva Pol no ano 1988, cunha primeira achega de 500, que formaron parte da exposición dese mesmo ano, `Compostela en cartas postais`. Con achegas ao longo da súa vida ata preto do millar actual. Tralo seu pasamento, a súa filla Natalia e a súa irmá Flora, decidiron que os fondos continuaran a formar parte do Arquivo do Museo do Pobo Galego.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Uxío de la Riva Pol
1988

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

A colección de Uxío de la Riva Pol permiten documentar e coñecer os seus intereses persoais e o seu compromiso coa súa cidade natal.

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

7. Área de control da descrición

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

Items ..
01.29.01 Miscelánea

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
000083101.29Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible