Santiago. Casa estilo Barroco. Casa de la Troya o del Cabildo
1 postal : Positivo en branco e negro ; 93 x 145 mm Papel. Bo.
0
O título da postal fai referencia á película La Casa de la Troya, rodada en Santiago en 1924 e estreada un ano despois. Foi dirixida polo propio Alejandro Pérez Lujín, autor da novela homónima, e por Manuel Noriega. No mencionado filme, a Casa da Troya localizábase na Casa do Cabido.
Fachada da Casa do Cabido. Díante, a Fonte dos Cabalos da Praza de Praterías, cun grupo de mulleres collendo auga nas sellas.