1.1. Código de referencia
ES.GA.15708.AMPG./01.07.06.02.01.//RBC/Foto-02//06
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
RBC/Foto-02//06
1.2. Título
[Portada da catedral de Tui]
[S.n.]
1.3. Datas
1886 / 1898
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 220 x 170 mm. sobre cartón 250 x 192 mm. Papel.. Bo.
2.1. Produtor-Institución
Varela, Pedro, Fotógrafo . (Lugo )2.2 Historia Institucional/Biografía
Pedro Varela foi un fotógrafo nado en Santalla de Bóveda na primeira metade do XIX, que empezou a traballar desde moi novo, tal como indican os seus primeiros cartóns dos anos 60. En 1865 traballa en Ourense, regresando a Lugo en 1868 establecéndose na Rúa Nova 39. En 1878 trasládase á rúa da Cruz nº 9 onde estará, de forma descontinua, ata 1898. Aínda que o gabinete de Lugo era a sede principal do seu negocio, eventualmente tivo estudios noutras localidades: En Ourense, na Casa do Hospicio e na rúa Santo Domingo en 1878; na rúa da Lúa en 1880 e na Porta da Aira en 1881-82. En Tui, no 41 do Cantón de Nicómedes en 1886 e na Rúa Colón nº 7 asociado con Rosendo Bugarín Menoyo ata 1897. Nos anos 90 tamén estivo en Valladolid. A partir de 1898 trasládase a Caminha, en Portugal.
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016
3.1. Alcance e contido
Detalle da portada da catedral de Tui con varias figuras nas escaleiras de acceso. Un sacerdote con sombreiro de tella, un home con chistera e bastón, un home posando, dous rapaces recostados e varios sentados.
Mención de responsabilidade no anverso do soporte secundario: Pedro Varela-Cruz 9 Lugo
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.
4.2. Condicións de reprodución
Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación
Castelán
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
5.4. Nota de Publicacións
[S.n.]
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
Pontevedra-Tui Arquitectura8.3. Datos adicionales: Editor si procede
[S.n.]
8.9. Datos adicionais. Cobertura
Pontevedra-Tuinº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0004322 | RBC/Foto-02//06 | Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020 | Disponible |