1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 85 x 174 mm. Papel.. Bo.
0
0
Data estimada pola celebración da Exposición Regional Gallega de 1909
Tres cruces procesionais sobre fondo de tecido escuro que suxeitan dúas persoas. A da esquerda: Cristo crucificado no tambor enriba da macolla redonda gravada e orlada con garfios, os catro brazos con ornamentos xeométricos rematan en vieiras; a da dereita ten figuras nos extremos dos catro brazos, no eixe unha escena relixiosa e a macolla gravada con figuras xeométricas; e a central é a mais alta, cun Cristo crucificado no eixe sobre o sol e a lúa, deteriorado no cuarto inferior dereito, os catro brazos rematados con ornatos e macolla orlada e gravada con figuras vexetais.