1 postal : Positivo en branco e negro ; 140 x 90 mm. Papel. Bo.
0
Retrato dunha parella nunha eira cunha parede de madeira de fondo. A muller leva pano da cabeza branco, posto no pescozo, un dengue con rodo de veludo sobre camisa branca e un refaixo e un mandil. O home, unha monteira baixa cun gran pompón, chaleco bordado sobre camisa branca, faixa, calzón curto qe deixa ver as cirolas e polainas de pano; a chaqueta a leva pendurada do brazo. Sobre o chaleco vese a cadea do reloxo.