Descargar
Nivel de descrición:

Expediente

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.09 - Victoriano García-Martí
01.09.01 - Documentos persoais
01.09.01.01 - Documentos biográficos
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15703.AMPG./01.09.01.01.//VGM/Caixa636-07


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

VGM/Caixa636-07

1.2. Título

Proceso penal

1.3. Datas

1937 / 1981

1.4. Nivel de descrición

Expediente

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 carpeta(s) Papel.

2. Área de contexto

2.2 Historia Institucional/Biografía

Nado na Pobra do Caramiñal en 1881, Victoriano García Martí foi un intelectual e erudito cuxa traxectoria deu conta, sobre todo, do seu compromiso vital cunha Galicia que, no espiritual e estético vencellou sempre a Portugal, na procura de reivindicar identitariamente a que chamaría “a esquina atlántica” no marco da España e Europa do seu tempo.
Formado inicialmente entre Compostela e Madrid ampliou estudos en París e Bruxelas, onde tivo a oportunidade de asistir aos cursos do filósofo Henri Bergson e dos sociólogos Emile Durkheim e René Worms. Foi, sobre todo, o Ateneo de Madrid, o espazo ao que dedicou os seus maiores esforzos e enerxías, desde o cargo de Secretario (baixo as presidencias de Unamuno e de Valle-Inclán, entre outros).
García Martí desenvolveu tamén un importante labor como axente cultural de Galicia en Madrid, onde tivo forte presenza no Centro Gallego. Formou parte da rede de escritores, artistas e políticos galegos na capital do Estado, e desde alí exerceu como historiador, ensaísta e crítico literario, sobre todo, na difusión e posta en valor da produción literaria de autores galegos. Por outra parte, en escritos como `Impresiones de Galicia` (1922), `Una punta de Europa` (1927), ou `De la zona atlántica (Galicia y Portugal)` (1934) focou os problemas que consideraba de mais urxente resolución para o país, instando á responsabilidade dos intelectuais na reculturización da Galiza. E subliñou, dacordo co ideario intuicionista de inicios do século XX,... Ver máis

2.4. Forma do ingreso

Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Eduardo Beiras García e Carmen Beiras García
Data do ingreso
2011, 2017, 2020

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Expediente do procesamento penal de Victoriano García Martí durante a Guerra Civil. Inclúe tanto telegramas como cartas, informes, oficios e debuxos do período de tempo que estivo no cárcere de Burgos como da fase de depuración posterior.

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está previsto

3.3. Novos ingresos ou transferencias

#HEREDA#

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados polo propio titular da documentación, aos que se lles aplica a restricción marcada pola lei vixente.
O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

5.4. Nota de Publicacións

Casanova Fernández, Fernando. `Victoriano García Martí: paisajes literarios de una vida`. A Pobra do Caramiñal, 2003.
Mascato Rey, Rosario. `Tiempo y modernidad: Bergson, Valle-Inclán y García Martí`, en Cuadrante, n. 16 (2007) : 149-159
Mascato Rey, Rosario. `Valle-Inclán lusófilo: documentos (1900-1936)`. Lugo, 2013.
Mascato Rey, Rosario. `García Martí, Otero Pedrayo e as “Obras completas” de Rosalía de Castro: novos documentos para a análise`, en Agália (A Coruña), n. 112 (2º semestre 2015), pp. 123-147
Sánchez Rodríguez, Ramón. `Victoriano García Martí: arredor da vida e a morte`. Santiago de Compostela, 1995.
Sánchez Rodríguez, Ramón. `Victoriano García Martí`. A Coruña, 2002.

7. Área de control da descrición

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

Items .. 1937 (18) 1938 (44) 1939 (5) 1940 (5) 1941 (2) 1976 (1) 1981 (1)
VGM/Caixa636-07//01 Escrito de Tomás Mosquera e Marcial García Martí ao Delegado de Traballo da provincia da Coruña dando boas referencias de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//02 Telegrama para Marcial García Martí

VGM/Caixa636-07//03 Telegrama de Victoriano García Martí a Marcial García Martí informando do seu encarceamento

VGM/Caixa636-07//04 Telegrama de Tomás ? a Marcial García Martí informando sobre o estado de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//05 Telegrama de Tomás ? a Marcial García Martí pedindo que actúe Gaset [sic]

VGM/Caixa636-07//06 Telegrama de Isidro Buceta a Marcial García Martí confirmando a presentación de certificacións

VGM/Caixa636-07//07 Telegrama de Tomás ? a Marcial García Martí para comunicar onde están

VGM/Caixa636-07//08 Copia do testemuño notarial sacado na Coruña polo notario de La Hoz y de Val e enviado para interceder por Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//09 Carta a Isidro Buceta para remitir testemuños de prensa e autoridades a favor de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//10 Carta de [Marcial García Martí] a Federico García Sanchíz [sic] para expor o caso de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//11 Carta de Francisco de Borbón a Tomás Mosquera sobre o caso de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//12 Carta de Tomás Mosquera a Marcial García Martí sobre o que vai sucedendo no caso de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//13 Carta de Marcial García Martí a Joaquín Blanell [sic] sobre o caso de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//14 Apunte de Victoriano García Martí con indicacións a súa familia para buscar contactos en altas instancias

VGM/Caixa636-07//15 Carta de Marcial García Martí a Cristino Jalón sobre o caso de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//16 Carta modelo incompleta de Marcial García Martí sobre o caso de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//17 Carta de [Marcial García Martí] a Federico García Sanchíz dando as gracias pola súa intervención no caso de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//18 Carta de [Marcial García Martí] ao Delegado de Orden Público de Burgos remitindo documentos que adxuntar ao expediente de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//19 Carta de Marcial García Martí a María Gloria Sol solicitando a súa testemuña a favor de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//20 Carta De Marcial García Martí a Isidro Buceta solicitando que visite a Victoriano García Martí cuanto pueda

VGM/Caixa636-07//21 Carta de Marcial García Martí a Joaquín Planell solicitando unhas atencións para Victoriano García Martí por mor de saúde

VGM/Caixa636-07//22 Carta de Marcial García Martí a Juan Pujol solicitando que envíe cedo un informe favorable para Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//23 Carta de Marcial García Martí a María Gloria y Gómez Pallete solicitando de novo a súa testemuña a favor de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//24 Carta de Marcial García Martí a Federico García Sanchíz solicitando unha mellora nas condicións de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//25 Carta de Marcial García Martí a Francisco de Borbón solicitando que axude a aliviar a situación de Victoriano García Martí no cárcere

VGM/Caixa636-07//26 Escrito sobre a conveniencia de que Victoriano García Martí siga na prisión gubernativa

VGM/Caixa636-07//27 Carta de Marcial García Martí a Joaquín Planell pedindo de parte de Victoriano García Martí que o visite cando estea en Burgos

VGM/Caixa636-07//28 Carta de Marcial García Martí a Juan Pujol agradecendo unha resposta e unha carta a Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//29 Carta de Marcial García Martí a Victoriano García Martí informando dos pasos e as xestións que está realizando

VGM/Caixa636-07//30 Carta de [Marcial García Martí] a Federico García Sanchíz solicitando unha entrevista no nome de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//31 Carta de Marcial García Martí a Joaquín Planell respondendo unhas preguntas sobre o expediente de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//32 Carta de Marcial García Martí a Luís Benítez sobre o caso de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//33 Carta de L. Hoyos a Marcial García Martí sobre a situación de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//34 Apunte sobre o que indica Victoriano García Martí acerca dunhas testemuñas ao seu favor no proceso

VGM/Caixa636-07//35 Carta de Marcial García Martí a Juan Pujol sobre o que indica Victoriano García Martí acerca da súa testemuña ao seu favor no proceso

VGM/Caixa636-07//36 Tarxeta postal de Juan Pujol a Marcial García Martí sobre cando e como dar testemuña a favor de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//37 Carta de Salvador ? a Marcial García Martí con boas novas sobre a situación de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//38 Carta de L. Hoyos a Marcial García Martí sobre unha visita que fixo a Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//39 Carta de Aurelia [Medrano] a Marcial García Martí con novas de Victoriano García Martí tras recibir un envío para el

VGM/Caixa636-07//40 Carta de Marcial García Martí a Juan Pujol pedindo unha carta a favor de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//41 Carta de Cristino Jalón a Marcial García Martí asegurando que falará a favor de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//42 Carta de L. Hoyos a Marcial García Martí para decirlle que vaia a ver ao seu irmán Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//43 Carta de Victoriano García Martí a Marcial García Martí comentando a visita de Luis Hoyos e outras

VGM/Caixa636-07//44 Carta de Eugenio Montes a M. García Martí dando permiso para que Victoriano García Martí dea o seu nome no seu beneficio

VGM/Caixa636-07//45 Copia de dúas cartas destinadas a dar testemuñas a favor de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//46 Carta de Victoriano García Martí a Aurelia [Medrano] cunha serie de indicacións para os seus irmáns Marcial e Mercedes

VGM/Caixa636-07//47 Carta de Aurelia Medrano a Marcial García Martí con indicacións de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//48 Escrito encabezado polo alcalde de Pobra do Caramiñal dando boas referencias de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//49 Carta de Aurelia [Medrano] a Marcial García Martí sobre avances no caso de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//50 Carta de Aurelia [Medrano] a Marcial García Martí con novas de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//51 Carta de Marcial García Martí a Juan Pujol para que os colegas xornalistas actúen en favor de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//52 Carta de Salvador [González del Valle] a Marcial García Martí lamentando non avanzar nin mellorar a situación de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//53 Carta de Marcial García Martí a Salvador González del Valle disculpandose pola actitude da súa irmá [Mercedes]

VGM/Caixa636-07//54 Almanaque do mes de outubro de 1938 e debuxo de gaiola de paxaros

VGM/Caixa636-07//55 Carta de Marcial García Martí a Aurelia Medrano avisando que envía agasallos para ela e para Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//56 Carta de Aurelia Medrano a Marcial García Martí agradecendo os agasallos e con novas de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//57 Carta de María Ruano ao Subsecretario do Ministerio de Industria e Comercio dando boas referencias de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//58 Transcrición da Lei 10/1939 sobre Depuración de Funcionarios públicos

VGM/Caixa636-07//59 Prego de cargos do expediente de revisión de sanción instado por Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//60 Solicitude de Victoriano García Martí para que se lle tome declaración verbal para a resolución do seu expediente de depuración

VGM/Caixa636-07//61 Carta de Eugenio López de Sa y Atocha a Victoriano García Martí confirmando a súa boa conducta no Ateneo de Madrid

VGM/Caixa636-07//62 Copia da Comunicación da Secretaría de Orde Pública do Governo Civil de Burgos a Victoriano García Martí sobre un salvoconducto solicitado

VGM/Caixa636-07//63 Alegacións de Victoriano García Martí ao seu expediente de depuración

VGM/Caixa636-07//64 Actuación del Sr. García Martí a partir del 18 de julio de 1936...

VGM/Caixa636-07//65 Borradores do prego de descargos que Victoriano García Martí remite para o seu expediente

VGM/Caixa636-07//66 Escrito dirixido ao Ministro de Industria e Comercio sobre tres testemuñas solventes a favor de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//67 Alegacións de Victoriano García Martí para poder cobrar os atrasos do seu soldo habidos

VGM/Caixa636-07//68 Solicitude de Victoriano García Martí para incorporar documentos para a revisión do seu expediente de depuración

VGM/Caixa636-07//69 Tarxeta do penal de Burgos

VGM/Caixa636-07//70 Linaxe dos reis de España desde Pelayo ata Afonso XIII

VGM/Caixa636-07//71 Resgardos dos pagos de telegramas e xiros durante o tempo que Victoriano García Martí estivo preso en Burgos

VGM/Caixa636-07//72 Apunte co listado de persoas que teñen informado a favor de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//73 Apuntes cos listados de direccións de persoas a quenes pediron informes a favor de Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//74 Baralla de cartas

VGM/Caixa636-07//75 Carta de Pío García López a María del Río Carreró e na que menciona a Victoriano García Martí

VGM/Caixa636-07//76 Carta de Fernando Bermejo García-Martí a Raimond Carrasco sobre a relación de Victoriano García Martí e Manuel Carrasco Formiguera

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0000101VGM/Caixa636-07Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible