8 u.i. Papel. O estado de conservación é bo en xeral.
Os fondos que recolle o arquivo de Victoriano García-Martí están principalmente relacionados coa súa faceta intelectual: documentos manuscritos e mecanografados das súas obras, xunto con borradores e material acumulado no proceso de estudo e desenvolvemento dos seus traballos, e unha ampla colección de recortes de prensa cos seus artigos xornalísticos e a súa vida social e intelectual. Inclúe correspondencia con persoas de renome da época. Tamén algunha que outra documentación tanto de orixe público como privado, principalmente do relacionado co seu paso polo penal de Burgos durante a Guerra Civil. Se ben unha gran parte da documentación é de carácter textual, tamén hai que sinalar a presenza de documentos gráficos, como é o caso de fotografías familiares e persoais, e debuxos.