Mapa a lápis dun territorio que podería ser Razamonde, fegresía ourensá administrada por un monxe de San Martiño Pinario. Os nomes de cada lugar están escritos en tinta, así como os seus límites e outras anotacións sobre a utilidade ou a propiedade dos terreos. Unha delas é `Propiedad de la disputa. Oy está de castaños`. Probablemente sexa un documento dun preito. Indica nomes de lugares da provincia de Ourense como o río Ventosela ou A Barca de Barbantes.