Os remitentes, membros da Real Sociedade Económica de Amigos do País, invitan ao destinatario a apoiar a iniciativa proposta.
O remitente, informa a Ricardo sobre varios obxectos de coleccionismo pertencentes a Francisco Pazos que interesan a Cicerón, entre eles: beléns, unha araña, dúas cadeiras de brazos, dous cadros, un bargueño, dez cadeiras e catro rinconeiras. Respecto aos bronces romanos e visigodos non os vende.
O remitente, que asina `Hijos de Simeón García`, informa a D. Ricardo sobre o envío dun paquete con acibeche para que o examine e dea as instrucións pertinentes para remitir aos Sres. Fillos de Pablo Pérez, de Colunga
O remitente, por indicación do cóengo Segundo Varela, ofrece a Ricardo varias moedas de ouro de `Bamba` de `Éxica` e un florín. Solicita unha oferta e en caso de aceptar, a cita sería na casa dos Sres, Simeón García y Cª
O remitente informa a Ricardo das xestións para adquirir os brazaletes de interese para Blanco-Cicerón, entre elas, subir o prezo en 200 pesetas máis, oferta sen resposta por parte do vendedor, Cándido Cid. Solicita continuar co proceso e en caso de necesidade, poder ofrecer ata 2000 pesetas. Sinatura ilexible
O remitente informa das xestións para conseguir o bloque de acibeche de 15 cm de lonxitudesolicitado por Ricardo Blanco-Cicerón, xa que os mineiros teñen moi dificil a extracción de bloques de máis de 10 cm.
O remitente, que asina como Hijos de Simeón García, informa a Ricardo Blanco-Cicerón que trasalda o seu encargo de acibeche a Colunga, reenviandoo a Santiago nas mellores condicións embalaxe para evitar roturas.
O remitente, que asina como Hijos de Simeón García, informa a Ricardo Blanco-Cicerón de como cotiza o acibeche encargado. Na mesma carta, a súa resposta manuscrita aceptando o prezo de 5 pesetas/quilo.
Ver nivel superior
Carta do banco Hijos de Simeón García y Cª a Tomás Blanco-Cicerón informándolle das operacións bancarias feitas en relación coa herdanza do seu pai Ricardo Blanco-Cicerón.
Instancia, providencia, cédula de emprazamento e cédula de citación para o caso de `incidente de pobreza` de Felipe Pardiñas Castro contra Adelaida Herreros e a sociedade Hijos de Simón García, representada polo seu apoderado Ricardo Blanco-Cicerón. Son catro documentos, un deles copia.
Escritura de poder outorgada por Jacobo, Manuel, Isabel e Timoteo García Blanco, como socios xerentes da sociedade mercantil `Hijos de Simeón García`, a favor de Ricardo Blanco-Cicerón. As reservas legais están impresas.
Factura da Viuda de José García Salines a Hijos de Simeón García por varias pezas de construción.
Blanco-Cicerón Núñez, Ricardo, 1844-1926
Documentación variada sobre o seu labor coa Sociedade Mercantil de Simeón García, o Banco Simeón, e as relacións cos seus descendentes
Hijos de Simeón García escriben a Ricardo Blanco-Cicerón para que atenda ao seu amigo de Ferrol, William V. Martin.
Tarxeta de visita de Juan Bouzón Figueroa sobre unhas letras de pago a `Hijos de Simeón García`.
Testimonio da escritura da Sociedade Mercantil `Hijos de Simeón García`.