Este conxunto de expedientes comprende escrituras de compravenda de variada tipoloxía (venda, cesión transacción ou mesmo subasta pública) sobre diversos bens, a maioría de terras, pero tamén de animais ou viñas.
Documentos xustificativos da xestión das distintas propiedades dunha familia ou entidade reunidos baixo un criterio de control. Na meirande parte dos casos trátase de documentación contable, apuntamentos e notas
Documentos que reflicten os contratos, esencialmente agrarios, mais tamén os hai de tipo inmobiliario, e de longa duración, mediante os cales unha persoa ou institución cede o uso do dominio útil sobre un ben a cambio do cumprimento das condicións previamente fixadas
Inclúe cartas de poder do século XVI, entre elas unha na que figura o nome de Pedro Pardo de Cela
Documentos compostos que reflicten un proceso xudicial civil entre partes, xeralmente referido a propiedades e dereitos da familia.
Documentos notariais que reflicten a declaración da derradeira vontade que fai unha persoa coa solemnidade prevista polas leis, dispoñendo os seus bens e instituindo herdeiros.
Conxunto de documentos soltos de diversa temática, tipoloxía e procedencia reunidos por Ricardo Blanco-Cicerón ao longo da súa vida
Conxunto de documentos acreditativos do pago efectuado as particulares ou á administración pública. Unha persoa está interesada en contratar uns servizos ou adquirir un bens a outra, unha vez satisfeito o negocio entrégase a cantidade convenida e o receptor confesa, mediante a carta de pago, ter recibido esa cantidade. Todo este negocio faise ante o escribán público, que procede a súa posta por escrito no seu protocolo, dándolle unha copia a cada unha das partes do negocio.