Acordo privado sobre a propiedade da parede medianeira entre as casas de José Núñez e Ricardo Ulibarry en Vigo.
Ver nivel superior
Manuel de Sas escribe ao seu fillo para que lle faga chegar unha información a Amando Castroviejo sobre unhas terras por varias comarcas de Ourense.
Convocatoria de subasta pública de varias fincas en Cangas do Morrazo, sendo Julio Buíde Codesido o procurador do xulgado de Santiago .
Ante o notario da vila de Noia, Lopo Rodríguez, un conxunto de testemuñas (vedrayos) que xuran sobre os evanxeos co fin de marcar os límites dunha propiedade reclamada por Afonso Guillelmez e a súa muller, Sabela Rodríguez. No texto destacan varios topónimos das parroquias de Argalo, Tállara e Fruime, pertencentes aos concellos de Noia e Lousame.
Documentos de propiedade de Isidro Castroviejo e Josefa Nobajas, acreditados coas escrituras e certificados pertinentes para asegurar a lexitimidade da procedencia dos bens e da propiedade. Hai documentación de Diego Calvo, governador en Perú, da herdanza de Josefa Nobajas (nai de Isidro Castroviejo Nobajas), escrituras de Ramón Castroviejo (pai de Isidro Castroviejo Nobajas), certificados de Santiago Castroviejo (tío de Isidro Castroviejo Nobajas), permutas, licencias de obra, boletíns oficiais de vendas de bens, cartas de pago, e recibos, entre outros.
Documentos de propiedades de Ramón Castroviejo e Josefa Nobajas, principalmente escrituras das compravendas feitas para garantir o seu patrimonio. Adxuntan documentación xustificativa da lexitimidade do seu matrimonio coa bula papal concedida por ser parentes en terceiro grao (1835), certificados da admisión de ambos na Confraría da Pusrísima Concepción e San Luis Gonzaga de Bilbao (1847), e documentos que acreditan a procedencia dos bens.
Documentos de propiedade de Isidro Castroviejo e Josefa Nobajas que acreditan a procedencia dos seus bens, principalmente testamentos dos avós e pais de Josefa. Tamén inclúe informes de avogados e acordos, certificados notariais, borradores e os testamentos de Santiago, Marcelino e Isidro Nobajas Calvo, os tres, sacerdotes.
Escritura de compravenda dunhas fincas en Medrano (A Rioxa)
Inventario dos bens de Nicolás del Río Noguerido presentado polo seu fillo Robustiano del Río no caso contra José Torrado.
Partición das fincas rústicas e urbanas propiedade de Josefa Nobajas entre os seus fillos Fabiana, Ramón, Ignacio y Amando Castroviejo Nobajas. Contén unha carta de Isidro a Amando sobre a historia da herdanza da nai de Josefa, a acta mecanografada, o prego do lote que lle tocou en sorte a Amando Castroviejo e un listado coas propiedades da finada en renda.
Relación das fincas rústicas e urbanas propiedade de Isidro Castroviejo en Sorzano.
Permuta de fincas e cupos entre Isidro Castroviejo e veciños de Sorzano, sendo o terreo que se cede de primeiro.
Instancia que Ricardo Blanco-Cicerón realiza para solicitar un certificado de propiedade de dúas casas na cidade de Santiago, unha na Rúa da Senra e outra na Rúa Nova. No mesmo documento inclúese o certificado do Rexistro da propiedade do Concello de Santiago.