Blanco-Cicerón Núñez, Ricardo, 1844-1926
Nesta sección atópanse os documentos de carácter persoal de Ricardo Blanco-Cicerón: títulos, honras e premios recibidos, correspondencia propia, documentos das veladas literarias nas que participou, invitacións a actos culturais, fotografías e cadernos de notas.
Blanco-Cicerón Núñez, Ricardo, 1844-1926
Comprende a documentación que reflicte o exercicio das diferentes actividades desenvolvidas por Ricardo Blanco-Cicerón, dende a avogacía ao seu paso pola Alcaldía de Tui, a vicepresidencia da Exposición Rexional Galega de 1909, e as funcións desenvolvidas na Sociedade Simeón García
Blanco-Cicerón Núñez, Ricardo, 1844-1926
Documentación variada sobre a súa actividade relixiosa nas Confrarías nas que participou. Daquelas, polo que semella, as confrarías non tiñan un lugar onde gardar os documentos propios das súas funcións, polo que os responsables os gardaban nos seus domicilios particulares.
Os intereses de Ricardo Blanco-Cicerón eran do máis variado, polo cal, os documentos que conservamos tamén o son, dende a tipoloxía ata o asunto. Por iso, conservaba moitos escritos de índole xurídica de temas moi variados, políticos, artísticos, históricos, literarios, recortes de prensa, gravados, etc.
Nesta sección atópanse documentos de distinta tipoloxía referida á Exposición Regional Gallega de 1909 (correspondencia, sobre a sede da mostra, de xestión, ou sobre as pezas), ademais de documentación familiar e correspondencia da que Ricardo non é nin produtor nin receptor, pero que pola algunha razón acabou no seu poder.