1 folla (s) : Debuxo a lapis coloreado en ouro ; 22 x 25cm. Papel. Bo.
0
Foi atopado no castro de Marzán, concello de Foz, no lugar coñecido como Do cú do Castro. A peza da cultura castrexa formou parte da colección de Blanco Cicerón, despois pasou a Álvaro Gil Varela, quen o deixou como legado ao Museo Provincial de Lugo en 1974.
Manuscrito a lapis, folla numerada co 3 e anotación 0`790
Debuxo dun colar ríxido en forma de `C`, moi pechada, case circular. Composto por barra de sección circular, no tramo central, decorada con filigrana formando unha greca de oitos; nos laterais, arames enrolados. O remate (falta un) troncocónico e escocia (moldura cóncava).