1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./01.07.05.02.13.01.06.//RBC/Foto-13//52
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
RBC/Foto-13//52
1.2. Título
Retrato familia de Amando Castroviejo Nobajas
1.3. Datas
1910, ca.
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 107 x 80 mm. sobre cartón 164 x 107 mm. Papel.. Bo.
2.1. Produtor-Institución
Blanco-Cicerón García, Concha . (Blanco-Cicerón García, Concepción), 1884-19202.2 Historia Institucional/Biografía
Amando Castroviejo Nobajas naceu en Sorzano (A Rioxa) en 1874 e finou en Santiago de Compostela no ano 1934. Foi catedrático de Dereito Político da Universidade de Granada (1896) e despois catedrático de Economía e Facenda da Universidade de Sevilla. Dende 1907, foi catedrático de Economía Política e Facenda Pública na Universidade de Santiago de Compostela. Precisamente é nese ano cando casa con Concha Blanco Cicerón, ca que tivo 4 fillos: Xosé María, Concha, Pilar e Ana María, quen a súa vez casou con Darío Acuña Lagos.
Home de profundas conviccións relixiosas, estas se reflicten na súa faceta política, foi propagandista do agrarismo católico, do catolicismo social e impulsor da Previsión Social. Foi concelleiro de Santiago de Compostela na ditadura de Primo de Rivera e promotor da democracia cristiá. Colaborou en Cronique Sociel de France, Revue Catolique de Cuestions Sociales e Revista de Ciencias Sociales. Foi membro da Academia de Ciencias Morales y Políticas
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016
3.1. Alcance e contido
Retrato grupal nun exterior. No centro da imaxe nunha cadeira de vimbio, Amando Castroviejo, ao seu carón Concha Blanco- Cicerón de traxe escuro. Detrás e de pé un home e unha muller. Á dereita, de Amando outra muller sentada con traxe claro. Á esquerda de Concha, outro home en cadeira de vimbio.
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.
4.2. Condicións de reprodución
Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación
Castelán
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
Indumentaria - Moda internacionalnº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0004548 | RBC/Foto-13//52 | Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020 | Disponible |