1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./01.07.05.02.03.//RBC/Foto-11//008
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
RBC/Foto-11//008
1.2. Título
Retrato de José María Castroviejo Blanco-Cicerón
[S.n.]
1.3. Datas
1912-10-00
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 195 x 121 mm. sobre cartón 218 x 129 mm. Papel.. Bo.
2.1. Produtor-Institución
Kâulak, 1862-1933, Fotógrafo (Cánovas del Castillo y Vallejo, Antonio) . (Madrid) Castroviejo Blanco-Cicerón, José María, 1909-19832.2 Historia Institucional/Biografía
Antonio Cánovas del Castillo y Vallejo, máis coñecido polo pseudónimo Kâulak, foi un famoso fotógrafo español, sobriño do político Antonio Cánovas del Castillo; tamén fixo unha carreira política, exercendo diversos cargos parlamentarios e de goberno. Ademáis de fotógrafo foi crítico de arte e pintor, actividade na que utilizou o pseudónimo «Vascano». Fundador en 1904 do estudo Kâulak, desde o primeiro momento, retratou á alta sociedade madrileña, incluída a realeza.
José Mª Castroviejo estudou dereito e filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela. Na súa mocidade foi carlista, como o seu avó; posteriormente foi membro das Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS) e de Falanxe. Está considerado un dos intelectuais que formaron parte do núcleo inicial de Falange.
Desde 1935 exerceu como profesor de economía política e facenda pública da Universidade de Santiago de Compostela. Logo do alzamento nacional uniuse ás forzas sublevadas, e combateu no exército «nacional». Desde 1937 foi director do xornal El Pueblo Gallego, pertencente á Prensa do Movemento. Colaborou con outras publicacións falanxistas.
A súa obra literaria adoita ser incluída na chamada Antoloxía poética do Alzamento. Os seus principais traballos centráronse na poesía, aínda que tamén cultivou a prosa, colaborando en varios libros con Álvaro Cunqueiro e escribiu unha peza teatral. Colaborou na revista Nós en 1931 cun poema e defendeu o uso da lingua galega fronte ao director xeral... Ver máis
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016
3.1. Alcance e contido
Retrato de neno de corpo enteiro e sedente sobre un tallo de vimbio con almofadón. O neno, con pelo longo e floco sobre a fronte, mirando ao espectador, ten unha man apoiada no respaldo dunha cadeira. Viste camisa branca e pantalón curto da mesma cor; leva colgando no peito unha medalla.
No anverso da tapa, mención de responsabilidade, impresa: `KÂULAK / Art. Phot. / Alcalá 4 / Madrid` .
No anverso cartón, mención de responsabilidade, impresa: `KÂULAK / Art. Phot. / Alcalá 4 / Madrid`.
No papel protector, mención de responsabilidades, impresa: `Fotografías / Kâulak / Alcalá, 4 - Madrid`.
No reverso, manuscrito: `José María Castroviejo y B. Cicerón / Octubre de 1912`
A fotografía vai sobre un cartón, leva un papel cebola de protección e unha carpetiña de cartón.
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.
4.2. Condicións de reprodución
Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación
Castelán
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
5.4. Nota de Publicacións
[S.n.]
6.1 Nota xeral
José María Castroviejo Blanco-Cicerón, foi o fillo de Concha Blanco-Cicerón e Amando Castroviejo Nobajas, polo tanto neto de Ricardo Blanco-Cicerón.
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
Madrid Indumentaria - Moda internacional8.3. Datos adicionales: Editor si procede
[S.n.]
8.9. Datos adicionais. Cobertura
Madridnº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0003088 | RBC/Foto-11//008 | Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020 | Disponible |