Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.05 - Documentos alleos
01.07.05.02 - Documentación familiar
01.07.05.02.03 - Concha Blanco Cicerón García
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.07.05.02.03.//RBC/Foto-11//47


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Foto-11//47
Signatura antigua
BC0660

1.2. Título

Retrato de Concha Blanco-Cicerón e o seu fillo José María Castroviejo

1.3. Datas

1909 . Santiago

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 165 x 177 mm. sobre cartón de 231 x 157 mm. Papel.. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Enrique Guerra, ?-1948, Fotógrafo (Sánchez-Guerra Mosquera, Enrique) . (Santiago de Compostela )

Castroviejo Blanco-Cicerón, José María, 1909-1983
Blanco-Cicerón García, Concha . (Blanco-Cicerón García, Concepción), 1884-1920

2.2 Historia Institucional/Biografía

Fotógrafo con estudo na rúa Calderería de Santiago de Compostela finado en Pontecesures en 1948, foi tamén, xornalista e
correspondente gráfico de Vida Gallega en Santiago de Compostela. Dirixiu o semanario Miña Terra, foi cofundador e o primeiro director do coro Cantigas e Agarimos. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela en abril de 1924, dimitindo en xuño de 1926
José Mª Castroviejo estudou dereito e filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela. Na súa mocidade foi carlista, como o seu avó; posteriormente foi membro das Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS) e de Falanxe. Está considerado un dos intelectuais que formaron parte do núcleo inicial de Falange.
Desde 1935 exerceu como profesor de economía política e facenda pública da Universidade de Santiago de Compostela. Logo do alzamento nacional uniuse ás forzas sublevadas, e combateu no exército «nacional». Desde 1937 foi director do xornal El Pueblo Gallego, pertencente á Prensa do Movemento. Colaborou con outras publicacións falanxistas.
A súa obra literaria adoita ser incluída na chamada Antoloxía poética do Alzamento. Os seus principais traballos centráronse na poesía, aínda que tamén cultivou a prosa, colaborando en varios libros con Álvaro Cunqueiro e escribiu unha peza teatral. Colaborou na revista Nós en 1931 cun poema e defendeu o uso da lingua galega fronte ao director xeral de Prensa.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Retrato de muller con neno, de corpo enteiro e de perfil. A muller leva traxe con saia e chaquetiña con colo de encaixe, cos cabelos recollidos, ten nos brazos a un neno con longo vestido branco. Ao fondo un biombo de tres corpos.

No anverso do soporte secundario, mención de responsabilidade: `E. Guerra- Santiago`
No reverso anotación manuscrita: Julio 1909
Cartón decorado con orla perimetral vexetal
No reverso anotación manuscrita posterior: Concepción Blanco-Cicerón con / Jose María Castroviejo (4 meses) / Santiago

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

0

4.5. Instrumentos de descrición

Instrumentos de descrición
Base de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego, inventarios, catálogos de exposicións e publicacións do Museo do Pobo Galego

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

#HEREDA#

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

A Coruña-Santiago de Compostela

Fotografías
Familia

Castroviejo Blanco-Cicerón, José María, 1909-1983
Blanco-Cicerón García, Concha . (Blanco-Cicerón García, Concepción), 1884-1920

8.9. Datos adicionais. Cobertura

A Coruña-Santiago de Compostela

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0004912RBC/Foto-11//47Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020Disponible