Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.06 - Coleccións facticias
01.07.06.02 - Coleccionismo
01.07.06.02.01 - Arte
RBC/Caixa169-01 - [Colección de ourivería Blanco Cicerón]
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15708.AMPG./01.07.06.02.01.//RBC/Caixa169-01//18


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Caixa169-01//18

1.2. Título

[Debuxo do brazalete / torques de Riotorto]

[S.n.]

1.3. Datas

1956 . Santiago

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 folla(s) : Debuxo a rotulador ; 16.2 x 22.2 cm. Papel. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Carro García, Jesús, 1884-1973

2.2 Historia Institucional/Biografía

Xesús Carro García, nado en Santiago de Compostela no 1884 e finado na mesma cidade no 1973. Foi un sacerdote, arqueólogo e escritor galego, fillo do almacenista compostelán Tomás Carro Carro. Só exerceu como eclesiástico nalgunhas parroquias santiaguesas, interesándose dende moi novo pola arqueoloxía. Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos e logo ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Debuxo dun torques ou brazalete ríxido, circular e pechado. Composto por barra de sección romboidal e remates en forma de landra.

Manuscrito: Foto Mas / Barcelona / nº C-31047
Manuscrito: Santiago-Coruña / Col. Blanco-Cicerón / Torque de oro / Época celta / Nº10

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

6. Área de notas

5.4. Nota de Publicacións

[S.n.]

6.1 Nota xeral

Foi atopada en 1869 no lugar da Croa, Riortorto, no concello de Melide.
A peza da cultura castrexa formou parte da colección de Blanco Cicerón, despois pasou a Álvaro Gil Varela, quen o deixou como legado ao Museo Provincial de Lugo en 1974.
O número co que vai identificado, correspóndese co número do `Catálogo da Colección de Ourivaría Prerromana en Galicia propiedade dos herdeiros do Sr. Blanco Cicerón`.
Pelai Mas Castañeda (1891-1954), fotografou as pezas de ourivaría da colección Blanco Cicerón en 1919

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Lugo-Mondoñedo-Riotorto (San Pedro)

Arte
Debuxos
Coleccionismo
Ourivería

8.3. Datos adicionales: Editor si procede

[S.n.]

8.9. Datos adicionais. Cobertura

Lugo-Mondoñedo-Riotorto (San Pedro)

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0003181RBC/Caixa169-01//18Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020Disponible