Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.08 - Familia Acuña Castroviejo
01.08.12 - Fotografías

Retrato de Clotilde Navajas Cerezo e outros
[S.n.]
1878, ca.
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 90 x 55 mm. sobre cartón de 104 x 63 mm. Papel.. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudo que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo. Foi moi popular nos anos 1863-1865.
No reverso do soporte secundario, mención de responsabilidade: Buch Herm S / Fotografos
No reverso, dedicatoria a lapis: Tu amiga que / Clotilde [...]
En formato vertical, retrato grupal feminino de corpo enteiro, frontal e ante un decorado con pintura de ventá aberta ao mar. No centro, sentada, Clotilde Navajas Cerezo, con traxe de dúas pezas e con sombreiro. Aos lados, de pé, mulleres vestidas do mesmo xeito, con estola de pel sobre o peito.
FamAC/Foto-19//77
Mostrar nivel inferior