Descargar
Nivel de descripción:

Fondo

URL OAI

Niveles superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.08 - Familia Acuña Castroviejo
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.08.03.


España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Signatura


1.2. Título

María Núñez Pené

1.3. Datas

1840 / 1890

1.4. Nivel de descrición

Fondo

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 u.i. compartida. Papel. O estado de conservación é bo en xeral.

2. Área de Contexto

2.1. Produtor-Institución

Núñez Pené, María Teresa, 1860-1928

2.2 Historia Institucional/Biografía

A familia Acuña Castroviejo é descendente de Ricardo Blanco-Cicerón a través do matrimonio de Amando Castroviejo Nobajas con Concha Blanco-Cicerón e posteriormente polo casamento de Ana María Castroviejo Blanco-Cicerón con Darío Acuña Lagos.

2.3. Historia Archivística

Os fondos ingresaron ao longo do ano 2020 no Museo do Pobo Galego traídos por Rosina e Margarita Acuña Castroviejo, bisnetas de Ricardo Blanco-Cicerón, netas de Amando Castroviejo Nobajas e fillas de Darío Acuña Lagos.
Toda esta documentación chegou cunha mínima organización, en carpetas e en moitos casos mesturada coa do profesor Fernando Acuña Castroviejo.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Familia Acuña Castroviejo
2020 e 2021

3. Área de Contenido y Estructura

3.1. Alcance e contido

Se trata principalmente de documentos patrimoniais de María Núñez Pené que acreditan a xestión dos seus bens e as futuras herdanzas dos descendentes.

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está previsto

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Pode haber novas achegas

3.4. Organización

Para organizar o fondo empregóuse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo do Museo do Pobo Galego para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra `Manual de archivos familiares` (1995), atendendo as particularidades propias do fondo. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 01.08.03.01 Documentos patrimoniais. 01.08.03.02 Documentos personais. 01.08.03.02.01 Correspondencia. 01.08.03.02.02 Fotografías. 01.08.03.02.03 Honras fúnebres

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán.

4.4. Características físicas y requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

O estado de conservación é bo en xeral.

4.5. Instrumentos de descripción

Instrumentos de descripción
Base de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego, inventarios, catálogos de exposicións e publicacións do Museo do Pobo Galego

5. Área de Documentación Asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

5.4. Nota de Publicacións

Balseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021.

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

Items ..
01.08.03.01 Documentos patrimoniais

01.08.03.02 Documentos persoais

nº ControlSignaturaArquivoPrestar
000469401.08.03Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo non dixitalizadoDisponible