Descargar
Nivel de descripción:

Sección

URL OAI

Niveles superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.08 - Familia Acuña Castroviejo
01.08.06 - Darío Acuña Lagos
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.08.06.03.


Localización de la documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Signatura


1.2. Título

Produción literaria

1.3. Datas

2000 / 2007

1.4. Nivel de descrición

Sección

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

Papel.

2. Área de Contexto

2.1. Produtor-Institución

Acuña Lagos, Darío, 1915-2007

2.2 Historia Institucional/Biografía

Darío Acuña Lagos naceu en Vigo no ano 1915. Durante os seus estudos de Medicina estallou a Guerra Civil e alistouse no bando nacional como piloto de caza, formando parte da Escadra Morato. Ao remate da contenda voltou á Universidade de Santiago e licenciouse en Medicina, especialidade de Psiquiatría no ano 1941. Gran parte da súa vida laboral como médico a desenvolve en Venezuela (1955-1970), onde tamén realiza programas radiofónicos relacionados coa saúde mental, e publica artigos en numerosas revistas especializadas. Unha escola de Psicopedagoxía que el fundou e dirixiu e un instituto dun complexo de educación especial daquel país levan o seu nome.
No ámbito persoal, casou con Ana María Castroviejo Blanco-Cicerón, filla de Amando Castroviejo Nobajas e Concha Blanco-Cicerón, García, filla de Ricardo Blanco-Cicerón e Herminia García de la Riva. Foron pais de Carlos, Fernando, Margarita, Ana María, Rosina y Darío.
Faleceu no ano 2007

2.3. Historia Archivística

Os fondos ingresaron ao longo do ano 2020 no Museo do Pobo Galego traídos por Rosina e Margarita Acuña Castroviejo, bisnetas de Ricardo Blanco-Cicerón, netas de Amando Castroviejo Nobajas e fillas de Darío Acuña Lagos.
Toda esta documentación chegou cunha mínima organización, en carpetas e en moitos casos mesturada coa do profesor Fernando Acuña Castroviejo.

2.4. Forma do ingreso

Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
Data do ingreso
2020 e 2021

3. Área de Contenido y Estructura

3.1. Alcance e contido

Diversos escritos literairos de Dario Acuña Lagos

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está previsto

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Pode haber novas achegas

3.4. Organización

Para organizar o fondo empregóuse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo do Museo do Pobo Galego para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra `Manual de archivos familiares` (1995), atendendo as particularidades propias do fondo. O cadro de clasificación resultante é o seguinte

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas y requisitos técnicos

5. Área de Documentación Asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

5.4. Nota de Publicacións

Balseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018.

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

Items .. 1938 (1) 2000 (6) 2005 (1) 2006 (3) 2007 (1)
FamAC/Caixa189-01 [Manuscrito de `Diario íntimo de un piloto de caza en la Guerra Civil Española ` de Darío Acuña Lagos]

FamAC/Caixa189-02 [Contrato entre a editorial Toxosoutos e Darío Acuña Lagos para o libro `Nueve cuentos para nueve noches` ]

FamAC/Caixa189-03 [Recibí da editorial Toxosoutos a Darío Acuña Lagos por dereitos de autor do libro `Cuentos para el otoño`]

FamAC/Caixa189-04 [Albará da editorial Toxosoutos a Darío Acuña Lagos pola entrega de oito exemplares do libro `Cuentos para el otoño` ]

FamAC/Caixa189-05 [Albará da editorial Toxosoutos a Darío pola entrega de oito `Cuentos para el otoño` e dez de `Nueve cuentos para nueve noches]

FamAC/Caixa189-06 [Presentación do libro `Nueve cuentos para nueve noches]

FamAC/Caixa189-07 [Contrato entre a produtora `Fran Lorenzo` e Darío Acuña Lagos para realizar longametraxe documental sobre `Diario íntimo de un piloto de caza en la guerra civil española`]

FamAC/Caixa189-08 [Correspondencia Darío Acuña Lagos]

FamAC/Caixa189-09 [Nove debuxos para ilustrar `Nueve cuentos para nueve noches` de Darío Acuña Lagos]

FamAC/Caixa189-10 [Portada do libro `Nueve cuentos para nueve noches` de Darío Acuña Lagos]

FamAC/Caixa189-11 [Debuxos para ilustrar obra de Darío Acuña Lagos]

FamAC/Caixa189-12 [Acuarelas para ilustrar obra de Darío Acuña Lagos]

nº ControlSignaturaArquivoPrestar
000520001.08.06.03Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo non dixitalizadoDisponible