Nivel superior en:
ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO

01 ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES



Niveles inferiores:
1856 (1) 1881 (3)
01.09.01 Documentos persoais

01.09.02 Documentos de función

01.09.03 Documentos alleos

01.09.04 Miscelánea

040 $a#HEREDA#
090 $a#HEREDA# $b#HEREDA# $e01.09
091 $cTEXT
092 $aFO_fondo
100 $aGarcía Martí, Victoriano $d1881-1966
245 $aVictoriano García-Martí
300 $a8 u.i. $hPapel $iO estado de conservación é bo en xeral
351 $cFondo $aPara organizar o fondo empregóuse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo do Museo do Pobo Galego para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra `Manual de archivos familiares` (1995), atendendo as particularidades propias do fondo. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 01.09.01 Documentos persoais. 01.09.01.01 Títulos, honras e premios. 01.09.01.02 Documentos identificativos. 01.09.01.03. Estudos e formación académica. 01.09.01.04 Correspondencia. 01.09.01.05 Invitacións a actos. 01.09.01.06 Fotografías. 01.09.02 Documentos patrimoniais. 01.09.03 Documentos de función privada. 01.09.03.01 Ateneo de Madrid. 01.09.03.02. Xornalismo 01.09.04 Documentos alleos. 01.09.04.01 Documentación familiar. 01.09.05 Coleccións de recortes (artigos e reseñas)
506 $aConsulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados polo propio titular da documentación, aos que se lles aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.
520 $aOs fondos que recolle o arquivo de Victoriano García-Martí están principalmente relacionados coa súa faceta intelectual: documentos manuscritos e mecanografados das súas obras, xunto con borradores e material acumulado no proceso de estudo e desenvolvemento dos seus traballos, e unha ampla colección de recortes de prensa cos seus artigos xornalísticos e a súa vida social e intelectual. Inclúe correspondencia con persoas de renome da época. Tamén algunha que outra documentación tanto de orixe público como privado, principalmente do relacionado co seu paso polo penal de Burgos durante a Guerra Civil. Se ben unha gran parte da documentación é de carácter textual, tamén hai que sinalar a presenza de documentos gráficos, como é o caso de fotografías familiares e persoais, e debuxos.
530 $aNon existen copias
535 $aBiblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
540 $aAcceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Arquivo do Museo do Pobo Galego. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
541 $aEduardo Beiras García e Carmen Beiras García $cDoazón $d2011, 2017, 2020
545 $aNado na Pobra do Caramiñal en 1881, Victoriano García Martí foi un intelectual e erudito cuxa traxectoria deu conta, sobre todo, do seu compromiso vital cunha Galicia que, no espiritual e estético vencellou sempre a Portugal, na procura de reivindicar identitariamente a que chamaría “a esquina atlántica” no marco da España e Europa do seu tempo. Formado inicialmente entre Compostela e Madrid ampliou estudos en París e Bruxelas, onde tivo a oportunidade de asistir aos cursos do filósofo Henri Bergson e dos sociólogos Emile Durkheim e René Worms. Foi, sobre todo, o Ateneo de Madrid, o espazo ao que dedicou os seus maiores esforzos e enerxías, desde o cargo de Secretario (baixo as presidencias de Unamuno e de Valle-Inclán, entre outros). García Martí desenvolveu tamén un importante labor como axente cultural de Galicia en Madrid, onde tivo forte presenza no Centro Gallego. Formou parte da rede de escritores, artistas e políticos galegos na capital do Estado, e desde alí exerceu como historiador, ensaísta e crítico literario, sobre todo, na difusión e posta en valor da produción literaria de autores galegos. Por outra parte, en escritos como `Impresiones de Galicia` (1922), `Una punta de Europa` (1927), ou `De la zona atlántica (Galicia y Portugal)` (1934) focou os problemas que consideraba de mais urxente resolución para o país, instando á responsabilidade dos intelectuais na reculturización da Galiza. E subliñou, dacordo co ideario intuicionista de inicios do século XX, os trazos espirituais partillados por ambas as comunidades das dúas marxes do Miño. A pesar da distancia, sempre foi parte activa da vida social e política galega. Neste sentido, os nomes de Castelao, Blanco Amor, Cabanillas, Villar Ponte, Gamallo Fierros ou Ramón Otero Pedrayo, presentes no seu epistolario, testemuñan unha relación de amizade e mutua admiración, así como o común interese por desenvolver proxectos e actividades culturais vinculadas á súa terra. Antes da guerra, de feito, temos constancia da presenza de García Martí nas homenaxes a Lamas Carvajal ou a Curros Enríquez (1913), no Banquete de Barxa (1930), ou entre os asinantes do Manifesto de Barrantes (1930). Da súa amizade con Valle Inclán dan conta fotografías, cartas, dedicatorias, un prólogo –escrito para `De la felicidad` (1924)-, e as múltiples memorias espalladas nos escritos de García Martí. No político e cultural, ambos compartiron a creación da Sociedad de Amigos de la Cultura, en Mondariz (1923), e os dous formaron parte da lista electoral do Partido Radical Lerrouxista pola circunscripción da Coruña (1931). Fronte a febril actividade literaria, cultural e política anterior a 1936, os anos 40 deron lugar a un proceso de marxinalización social e institucional, García Martí foi encarcerado no Penal de Burgos durante a Guerra Civil pola súa defensa da II República. Reincorporado ao seu posto de funcionario ministerial, mantivo unha necesaria autocensura discursiva e un progresivo isolamento social reconducindo os seus traballos cara o ensaio sociolóxico e filosófico. En 1944 publicou as `Obras Completas` de Rosalía de Castro na Editorial Aguilar, proxecto que deu impulso á recuperación do corpus rosaliano. Aínda que foi Rosalía quen ocupou a maior parte do seu tempo e labor como investigador biográfico e crítico literario, outras mulleres que destacaron tanto no mundo profesional como cultural: Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Sofía Casanova, Ofelia Nieto, Lilí Álvarez... foron tamén obxecto dos seus traballos. O seu retiro definitivo á Galicia produciuse trala súa xubilación como Xefe Superior da Administración Civil do Corpo Técnico administrativo do Ministerio de Industria, en 1951, momento en que, retornado á Pobra do Caramiñal, retomou o labor de escritor de crónicas e artigos de contido cultural, que publicaba nalgúns xornais madrileños, pero sobre todo no compostelano `La Noche`. Mais a pesar do recoñecemento tardío, que xa no fin da súa vida lle foi tributado pola Universidade de Santiago ou pola Real Academia Galega, García Martí non deixou pasar a oportunidade de expresar o seu lamento polo feito de que a pesar de ter construido a súa traxectoria desde e para Galicia, o seu labor e a súa figura quedaran ás marxes da historiografía e cultura galegas
561 $aOs fondos ingresaron no Museo do Pobo Galego a través das doazóns de Eduardo e Carmen Beiras García, dous sobriños de Victoriano García Martí. A documentación chegou en parte cunha mínima organización. Xunto co arquivo ingresou tamén un conxunto de exemplares da súa obra. O estado de conservación é bastante bo en xeral; aínda así, por protocolo do Museo, procedeuse a unha desinsectación e limpeza dos fondos.
581 $aCasanova Fernández, Fernando. `Victoriano García Martí: paisajes literarios de una vida`. A Pobra do Caramiñal, 2003. Mascato Rey, Rosario. `Tiempo y modernidad: Bergson, Valle-Inclán y García Martí`, en Cuadrante, n. 16 (2007) : 149-159 Mascato Rey, Rosario. `Valle-Inclán lusófilo: documentos (1900-1936)`. Lugo, 2013. Mascato Rey, Rosario. `García Martí, Otero Pedrayo e as “Obras completas” de Rosalía de Castro: novos documentos para a análise`, en Agália (A Coruña), n. 112 (2º semestre 2015), pp. 123-147 Sánchez Rodríguez, Ramón. `Victoriano García Martí: arredor da vida e a morte`. Santiago de Compostela, 1995. Sánchez Rodríguez, Ramón. `Victoriano García Martí`. A Coruña, 2002.
593 $aNon está previsto
852 $a#HEREDA#
nº ControlSinaturaUbicaciónEstado
000004901.09Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible para préstamo