Descargar
Nivel de descrición:

Serie

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.01 - Documentos persoais
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.07.01.01.


España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura


1.2. Título

Títulos, honras e premios

1.3. Datas

1884 / 1926

1.4. Nivel de descrición

Serie

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

Papel.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Blanco-Cicerón Núñez, Ricardo, 1844-1926

2.2 Historia Institucional/Biografía

Parte do arquivo de Ricardo Blanco-Cicerón chegou ao Museo do Pobo Galego a través dunha doazón de Fernando Acuña Castroviejo, bisneto de aquel, no ano 2012. Anos máis tarde, no 2016, outra doazón, esta vez de Rosina e Margarita Acuña Castroviejo, irmás de D. Fernando, pasa a completar o fondo composto por 34 u.i. de documentación variada, fotografías e documentos de gran formato. Ricardo Blanco-Cicerón
Ricardo Blanco-Cicerón Núñez naceu en Tui o 27 de outubro de 1844.
Estudiou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi alcalde da súa vila natal entre 1877 e 1879. No ano 1880 regresou a Santiago onde casa con Herminia García de la Riva e comeza a exercer a avogacía.
En 1884 ingresou na Sociedade Económica de Amigos do País, foi membro non numerario da Real Academia Galega e da Sociedade Pro-monte de Santa Tegra, a mais de ocupar a vicepresidencia da Sección Arqueolóxica da Exposición Regional Gallega de 1909. Participou na creación da Sociedad Unión Obrera Benéfica e Instructiva Regional de Santiago. Foi membro do Banco Simeón (fundado por Simeón García, irmán da súa dona) entre 1918 e 1921, e tesoureiro da xunta da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Santiago. Vinculado ao carlismo galego, destacou como home de fondas crenzas relixiosas, xeneroso devoto de San Telmo, patrón de Tui, e membro das Confrarías de San Roque e Nosa Señora do Rosario de Santiago.
Destaca na súa faceta de gran coleccionista, pois chegou a reunir unha heteroxénea colección... Ver máis

2.3. Historia Archivística

Os fondos ingresaron ao longo do ano 2012 no Museo do Pobo Galego traídos polo patrón Fernando Acuña Castroviejo, bisneto de Ricardo Blanco-Cicerón. Tralo pasamento de Fernando Acuña no 2016 ingresa outra parte do fondo, cesión de Rosina e Margarita Acuña Castroviejo.
Toda esta documentación chegou cunha mínima organización, en carpetas e en moitos casos mesturada coa propia do profesor Acuña. O estado de conservación é bastante bo en xeral, aínda así por protocolo do museo, procedeuse a unha desinsectación e limpeza dos fondos.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuá castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Conxunto de documentos que acreditan os méritos e recoñecementos da vida de Ricardo Blanco-Cicerón, tanto na faceta profesional como política, relixiosa e social

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está previsto

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Pode haber novas achegas

3.4. Organización

Para organizar o fondo empregóuse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo do Museo do Pobo Galego para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra `Manual de archivos familiares` (1995), atendendo as particularidades propias do fondo. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 01.07.01 Documentos persoais. 01.07.01.01 Títulos, honras e premios. 01.07.01.02 Correspondencia. 01.07.01.03 Tarxetas de visita. 01.07.01.04 Invitacións a actos. 01.07.01.05 Fotografías. 01.07.01.06 Veladas literarias. 01.07.01.06 Creación artística e apuntamentos 01.07.02 Documentos patrimoniais. 01.07.02.01 Xestión patrimonial. 01.07.02.01.01 Patrimonio 01.07.02.01.01.01 Escrituras. 01.07.02.01.01.02 Casa da Senra. 01.07.02.01.01.03 Recibos. 01.07.02.01.01.04 Expedientes de testamentaría. 01.07.02.01.02 Administración de bens. 01.07.02.01.02.01 Escrituras. 01.07.02.01.02.02 Pagos. 01.07.02.01.02.03 Asuntos comerciais. 01.07.02.01.02.04 Preitos. 01.07.02.01.03 Herdanzas, testamentos. 01.07.03 Documentos de función. 01.07.03.01 Alcaldía de Tui. 01.07.03.02 Avogacía.01.07.03.03 Sociedade Simeón García. 01.07.04 Documentos de función privada. 01.07.04.01 Confraría de San Roque. 01.07.04.01.01 Goberno. 01.07.04.01.02 Administración xeral. 01.07.04.01.03 Facenda. 01.07.04.01.04 Varia. 01.07.04.02 Confraría do Rosario. 01.07.04.02.01 Goberno. 01.07.04.02.02 Administración xeral. 01.07.04.02.03 Facenda. 01.07.04.02.04 Varia. 01.07.04.03 Confraría da Angustia. 01.07.04.03.01 Facenda. 01.07.04.03.02 Soltos. 01.07.05 Documentos alleos. 01.07.05.01 Exposición Regional de 1909-Sección Arqueoloxía. 01.07.05.01.01 Organización da Exposición. 01.07.05.01.02 Correspondencia do Comité. 01.07.05.01.03 Edificio San Clemente-Sección Arqueolóxica. 01.07.05.01.04 Documentacións sobre actividades complementarias. 01.07.05 Documentos alleos. 01.07.05.02 Documentación familiar. 01.07.05.02.01 Herminia García de la Riva Blanco. 01.07.05.02.01.01 Documentos persoais. 01.07.05.02.01.02 Documentos patrimoniais. 01.07.05.02.02 María Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.03 Concha Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.04 Carmen Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.05 Tomás Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.06 Mercedes Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.07 Simeón Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.08 José Bargiela González. 01.07.05.02.09 Tomás Bargiela Núñez. 01.07.05.02.10 Candelaria Bargiela Núñez. 01.07.05.02.11 Juan Vidal Bilbao. 01.07.05.02.12 Juan Ortega Blanco. 01.07.05.02.13 Amando Castroviejo Nobajas. 01.07.05.02.13.01 Documentos persoais. 01.07.05.02.13.01.01 Títulos, honras e premios. 01.07.05.02.13.01.02 Documentos identificativos. 01.07.05.02.13.01.03. Estudos e formación académica. 01.07.05.02.13.01.04. Vida social. 01.07.05.02.13.01.05. Correspondencia. 01.07.05.02.13.01.06 Fotografías. 01.07.05.02.13.02 Documentos patrimoniais. 01.07.05.02.13.02.01 Xestión patrimonial. 01.07.05.02.13.02.02 Herdanzas e testamentos. 01.07.05.02.13.03 Documentos de función. 01.07.05.02.13.03.01 Actividade laboral. 01.07.05.02.13.03.02 Actividade intelectual. 01.07.05.02.13.04 Documentos alleos. 01.07.05.02.13.03.05 Miscelánea. 01.07.05.02.13.05.01 Notas. 01.07.05.02.13.05.02 Impresos e folletos. 01.07.05.02.14 Ana Núñez. 01.07.05.03 Correspondencia allea. 01.07.05.04 Apuntamentos, notas e traballos alleos. 01.07.06 Coleccións facticias. 01.07.06.01. Colección de documentos textuais. 01.07.06.01.01 Expedientes de compravenda. 01.07.06.01.02 Expedientes de administración de bens. 01.07.06.01.03 Foros. 01.07.06.01.04 Escrituras de poder. 01.07.06.01.05 Expedientes de arrendamentos. 01.07.06.01.06 Preitos. 01.07.06.01.07 Sentenzas. 01.07.06.01.08 Cartas de pago. 01.07.06.01.09 Dotes. 01.07.06.01.10 Testamentos e partillas. 01.07.06.01.11 Miscelánea. 01.07.06.02 Coleccionismo. 01.07.06.02.01 Arte. 01.07.06.02.02 Numismática. 01.07.06.03 Impresos e folletos. 01.07.06.04 Carlismo. 01.07.06.05 Postais, estampas e recordatorios.

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

4.5. Instrumentos de descrición

Instrumentos de descrición
Base de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego, inventarios, catálogos de exposicións e publicacións do Museo do Pobo Galego

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

5.4. Nota de Publicacións

Saenz-Chas Díaz, Belén, Fernando Acuña Castroviejo e María Reis Camiña Castro,`Olladas dunha época: Fotografías do fondo Blanco-Cicerón`. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Museo do Pobo Galego, 2009.
Exposición Galega de 1909: Conmemoración do 1º Centenario Exposición Regional Gallega Santiago 1909. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Museo do Pobo Galego, Instituto de Estudios Galegos `Padre Sarmiento`, 2010.
Balseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018

7. Área de control da descrición

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

Items .. 1884 (1) 1887 (1) 1890 (1) 1896 (1) 1899 (2) 1900 (2) 1903 (2) 1909 (1) 1911 (1) 1915 (1) 1917 (1) 1921 (1) 1922 (1) 1926 (1) MADR (1)
RBC/Caixa141-01//01 Diploma de Ricardo Blanco-Cicerón como socio numerario do Ateneo León XIII de Santiago

RBC/Caixa141-01//02 Tarxeta acreditativa de Ricardo Blanco-Cicerón como socio da Obra de la Propagación de la Fe

RBC/Caixa141-01//03 Tarxeta de congresista de Ricardo Blanco-Cicerón no XXII Congreso Eucarístico Internacional celebrado en Madrid en 1911

RBC/Caixa141-01//04 Tarxeta de visita de R. Blanco-Cicerón

RBC/Caixa141-01//05 Tarxeta de visita de Ricardo Blanco-Cicerón

RBC/Caixa141-01//06 Indulto apostólico para el uso de carnes de Ricardo Blanco-Cicerón, Herminia García Blanco, Mercedes Blanco García e María Blanco García

RBC/Caixa141-01//07 Tarxeta de visita de Ricardo Blanco-Cicerón

RBC/Caixa141-04 Funerais

RBC/Caixa141-08 Patente de Irmán do Convento de relixiosas dominicas de Belvís

RBC/P5-08//001 Diploma de Ricardo Blanco-Cicerón como socio da Sociedad Unión-Obrera Benéfica e Instructiva Regional de Santiago

RBC/P5-08//002 Diploma de Ricardo Blanco-Cicerón como socio da Liga de Amigos de Santiago

RBC/P5-08//003 Diploma de Ricardo Blanco-Cicerón como membro da Sociedad Económica de amigos del país de la Ciudad de Santiago

RBC/P5-08//004 Diploma de Ricardo Blanco-Cicerón como membro de mérito da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla

RBC/P5-08//005 Diploma de Ricardo Blanco-Cicerón como socio da Asamblea Nacional de la Buena Prensa en Sevilla

RBC/P5-08//006 Diploma de Ricardo Blanco-Cicerón como socio titular no Primer Congreso Español de Terciarios Franciscanos

RBC/P5-08//007 Diploma de Ricardo Blanco-Cicerón como socio da Sociedad de Socorros y Protección Mutua de Santiago

RBC/P5-08//008 Diploma de Ricardo Blanco-Cicerón como socio benemérito do Patronato Social de Buenas Lecturas

RBC/P5-08//009 [Bendición apostólica e indulxencia plenaria a favor de Ricardo Blanco-Cicerón e os seus consanguíneos e afíns ata o terceiro grao in articulo mortis]

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
000019701.07.01.01Ricardo Blanco-Cicerón 2018Disponible