Descargar
Nivel de descrición:

Expediente

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.05 - Documentos alleos
01.07.05.01 - Exposición Regional de 1909-Sección Arqueoloxía
01.07.05.01.02 - Correspondencia do Comité
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15703.AMPG./01.07.05.01.02.//RBC/Caixa160-02


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Caixa160-02

1.2. Título

Antonio López Ferreiro

1.3. Datas

1909-00-00

1.4. Nivel de descrición

Expediente

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 carpeta(s) Papel.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

López Ferreiro, Antonio, 1837-1910

2.2 Historia Institucional/Biografía

(Santiago de Compostela, 1837 - Vilanova (Vedra), 1910). Historiador, escritor, arqueólogo e cóengo da Catedral de Santiago. Realiza estudos na súa cidade e marcha logo a Madrid para acadar o grao de licenciado en Sagrada Teoloxía, e matricularse na Escola Superior de Diplomática, onde obtén o título de arquiveiro bibliotecario. Volve a Galicia, e no 1871 incorpórase ao cabido compostelano co cargo de cóengo. As súas investigacións levaron ao descubrimento dos restos do Apóstolo en 1879. Ademáis, foi académico correspondente da Real Academia da Historia; pertenceu tamén á Academia de Buenas Letras de Barcelona e á Asociación Artístico- Arqueológica Barcelonesa. Foi o Presidente da Comisión da Sección Arqueolóxica da Exposición Regional Gallega de 1909

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Inclúe a correspondencia tanto recibida coma emitida polo Presidente da Comisión da Sección Arqueológica da Exposición Regional Gallega de 1909, Antonio López Ferreiro.

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está previsto

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Pode haber novas achegas

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

4.5. Instrumentos de descrición

Instrumentos de descrición
Base de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego, inventarios, catálogos de exposicións e publicacións do Museo do Pobo Galego

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

5.4. Nota de Publicacións

Saenz-Chas Díaz, Belén, Fernando Acuña Castroviejo e María Reis Camiña Castro,`Olladas dunha época: Fotografías do fondo Blanco-Cicerón`. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Museo do Pobo Galego, 2009.
Exposición Galega de 1909: Conmemoración do 1º Centenario Exposición Regional Gallega Santiago 1909. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Museo do Pobo Galego, Instituto de Estudios Galegos `Padre Sarmiento`, 2010.
Balseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

López Ferreiro, Antonio, 1837-1910

Items .. 1908 (13) 1909 (17)
RBC/Caixa160-02//01 Carta de Ramón Bernárdez a Antonio López Ferreiro aceptando o nomeamento como membro da Comisión

RBC/Caixa160-02//02 Carta de Antonio López Ferreiro a Eduardo Álvarez Carballido recomendando prácticas de traballo na recollida de pezas

RBC/Caixa160-02//05 Carta do bispo de Zamora a Antonio López Ferreiro sobre o envío das pezas solicitadas pola Comisión para ir a Santiago

RBC/Caixa160-02//06 Carta de Juan Ruiz López a Antonio López Ferreiro autorizando o permiso das pezas do Museo Romero Ortiz de Toledo

RBC/Caixa160-02//07 Carta de Marcelo Macías e Andrés Martínez Salazar a Antonio López Ferreiro suxerindo a invitación ao Bispo de Astorga

RBC/Caixa160-02//08 Carta de Pablo Pérez Costanti a Antonio López Ferreiro recomendando o envío de cartas a institucións de León

RBC/Caixa160-02//09 Carta de Enrique Almaraz y Santos a Antonio López Ferreiro sobre envío das pezas da súa diocese a Santiago

RBC/Caixa160-02//10 Carta de Jacinto Iglesias a Antonio López Ferreiro sobre a ausencia de pezas relacionadas con Galicia no seu bispado

RBC/Caixa160-02//11 Carta de Felipe Ferrer y Figuerola a Antonio López Ferreiro informando da ausencia de fondos na biblioteca universitaria

RBC/Caixa160-02//12 Carta de Manuel Lago González a Antonio López Ferreiro aceptando o nomeamento como membro da Comisión.

RBC/Caixa160-02//13 Carta de Andrés Martínez Salazar a Antonio López Ferreiro suxire unha listaxe de posibles corresponsais da Comisión

RBC/Caixa160-02//14 Carta de Andrés Martínez Salazar a Antonio López Ferreiro suxire a colaboración de Juan Ruiz López na Comisión

RBC/Caixa160-02//15 Carta de José Pérez Ballesteros a Antonio López Ferreiro aceptando o nomeamento como membro da Comisión

RBC/Caixa160-02//16 Carta de Pedro Rocamora y García a Antonio López Ferreiro aceptando a invitación para enviar obxectos da súa diocese

RBC/Caixa160-02//17 Carta de Manuel Montes a Antonio López Ferreiro aceptando o nomeamento como membro da Comisión

RBC/Caixa160-02//18 Carta de Enrique Campo Sobrino e Enrique Mayer a Antonio López Ferreiro informando da visita por Ourense e Pontevedra

RBC/Caixa160-02//19 Carta de Celso García de la Riega a Antonio López Ferreiro non aceptando o nomeamento como membro da Comisión

RBC/Caixa160-02//20 Carta de Leandro de Salaregui a Antonio López Ferreiro rexeitando o nomeamento como membro da Comisión

RBC/Caixa160-02//21 Carta de Jesús Noya Fonte a Antonio López Ferreiro aceptando o nomeamento como membro honorario da Comisión

RBC/Caixa160-02//22 Carta de Manuel Gómez Adanza a Antonio López Ferreiro aceptando o nomeamento como membro da Comisión

RBC/Caixa160-02//23 Carta de Manuel Murguía a Antonio López Ferreiro aceptando o nomeamento como membro da Comisión

RBC/Caixa160-02//24 Carta de Manuel Lago González a Antonio López Ferreiro aceptando o momeamento como membro da Comisión

RBC/Caixa160-02//25 Carta de Andrés A. Conerma? a Antonio López Ferreiro aceptando o nomeamento como membro honorario

RBC/Caixa160-02//26 Carta de Juan Fernández Gil Casal a Antonio López Ferreiro informando da existencia dunha Ara romana

RBC/Caixa160-02//27 Carta de Antonio Domínguez Bermejo a Antonio López Ferreiro informando sobre un pergameo en Vilar de Barrio

RBC/Caixa160-02//28 Carta de Antonio López Ferreiro a Antonio Domínguez Bermejo sobre a recepción das pezas enviadas a Santiago

RBC/Caixa160-02//29 Carta de Santiago de la Iglesia a Antonio López Ferreiro comunica o envío da súa colección protohistórica

RBC/Caixa160-02//31 Tarxeta postal de Ramiro Ozores a Antonio López Ferreiro

RBC/Caixa160-02//33 Carta sen remitente a Antonio López Ferreiro informando sobre a publicación da circular da comisión no Boletín do Arcebispado

RBC/Caixa160-02//34 Carta sen remitente a Antonio López Ferreiro informando das comunicacións dos comisionados de A Coruña e Lugo.

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0000110RBC/Caixa160-02Ricardo Blanco-Cicerón 2018Disponible