Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.06 - Coleccións facticias
01.07.06.01 - Coleccións de documentos textuais
01.07.06.01.11 - Miscelánea

Privilexio Real outorgado por Afonso VII, Rei de Castela, ao mosteiro de San Miguel de Eiré
1129-06-21
1 folla(s) ; 360 x 610 mm. Pergameo. Bo.
O documento orixinal non se conserva, este pergameo sería unha das copias que se facían como `copia de seguridade`, e tería o mesmo valor legal que o orixinal.
Copia simple orixinal do Privilexio Real outorgado polo rei Afonso VII e a raíña Berenguela ao Mosteiro de Eiré, rexido pola abadesa Visclavara. Aparecen claramente delimitados os terreos da fundación. O documento leva a habitual cláusula de excomuñón para os que non respecten o acordo. Asinado coa copia da rúbrica de Afonso VII o Emperador.
Latín. Humanística.
RBC/P5-03//04
Mostrar nivel inferior