Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.29 - Uxío de la Riva Pol
01.29.01 - Miscelánea
01.29.01.02 - Colección fotografías

[Retrato da familia de caseiros da Agrela]
1878, ca.
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 238 x 172 mm. Papel. Bo.
0
A fotografía é unha copia realizada por Tino Viz en 2003, a partir dunha carte de visite orixinal. Esta levaba no cartón a mención de responsabilidade Buch Herms. Fotógrafos Santiago. No reverso levaba unha nota manuscrita de Uxío de la RIva: `Los caseros de la Grela Francisco y Benita con sus hijas María, Carmela y Juana. Entraron a cultivar el lugar el día 11 de noviembre de 1856. El dueño del lugar de la Grela era el Brigadier Eduardo Sánchez Villamarin Pereira y Moscoso, fallecido en 1876`
Retrato de familia coa nai, Benita, sentada no centro; ao seu redor e de pé, o seu home Francisco e as súas fillas María, Carmela e Juana. O home vai vestido con camisa, chaleco e chaqueta. As mulleres levan todas o pelo partido en dúas metades e recollido en dúas trenzas e cos panos da cabeza baixados e colocados sobre os pescozo. A nai e a filla máis vella levan dengues por riba das camisas e as dúas fillas máis pequenas levan chaquetas. Todas levan mantelos sen bordar e zapatos.
URP/Foto-24//016
Mostrar nivel inferior