Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.01 - Documentos persoais
01.07.01.05 - Fotografías

[Retrato de bispo]
[S.n.]
1865 / 1870
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 92 x 57 mm. sobre cartón de 105 x 62 mm. Papel.. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
A actividade do fotógrafo Juan Palmeiro en Compostela, dátase entre 1857 e 1875.
No reverso, mención de responsabilidade, impresa: `Gabinete / fotográfico / de / J. Palmeiro e Hijos / Santiago`. No anverso, tamén impreso: J. Palmeiro e Hijos, Santiago`
Retrato masculino de corpo enteiro e de pé, diante dun fondo con motivos vexetais. A figura está de medio perfil, mirando ao espectador, leva anteollos e solideo. Viste indumentaria relixiosa de cor escura con longa capa recollida na súa man esquerda; a súa man dereita descansa sobre un libro, apoiado nunha consola de mármore.
Castelán
RBC/Foto-17//016
Mostrar nivel inferior