Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.06 - Coleccións facticias
01.07.06.02 - Coleccionismo
01.07.06.02.01 - Arte
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15708.AMPG./01.07.06.02.01.//RBC/Foto-17//077


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Foto-17//077

1.2. Título

[A muiñeira]

1.3. Datas

1858 / 1869 . Orense

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 fotografía (s). : Positivo en branco e negro ; 64 x 100 mm. sobre cartón de 77 x 103 mm. Papel.. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

García Vizcaíno, Carlos, 1828-1874, Fotógrafo . (Ourense )

Cisneros Pereiro, Andrés, 1820-1895, Fotógrafo
Fierros Álvarez, Dionisio, 1827-1894, Pintor

2.2 Historia Institucional/Biografía

A familia de Carlos García chega a Compostela en 1830; seu pai, establécese como perruqueiro no Preguntorio abrindo o negocio Perruquería Madrid. Esta mesma profesión exercerá Carlos Garcia ata que en 1864 abre o seu gabinete fotográfico na Rúa Nova 37 que estará en funcionamento ata 1866. Entre 1866 e 1869 probablemente exerceu o oficio de forma ambulante por diferentes localidades galegas. Xa en 1869 establécese en Ourense, onde traballa ata 1874.
Andrés Cisneros é o primeiro fotógrafo con estudo comercial en Galicia e o autor das primeira imaxes de Santiago de Compostela, feitas en 1858 co gallo da Exposición Rexional e que regalou a raíña Isabel II en forma de álbum. A súa etapa como fotógrafo comeza en 1856, cando abre o seu estudo no nº 45 da Rúa Nova ata 1860, ano no que é destinado a La Habana como funcionario. Neses anos tivo unha relación comercial cos outros dous pioneiros da fotografía compostelá: Juan Palmeiro e Carlos Garcia.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012-2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Fotografía dun cadro onde se representa un baile de muiñeira; á esquerda, os músicos, destacando un gaiterio; no centro un home comezando a bailar, e unha muller sentada; na dereita catro figuras máis. Todas as personaxes con indumentaria folclorizada.

No reverso, mención de responsabilidade, en selo húmido azul: `García Fotografo / Orense`

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

6. Área de notas

6.1 Nota xeral

Forma parte dunha serie fotografías de Santiago de Compostela que Carlos García asinou en Ourense. En realidade, trátase de copias, posiblemente a partir das placas orixinais, das fotografías que Andrés Cisneros tirou co gallo da Exposición Rexional Galega de 1858 e que regalou á raíña Isabel II en forma de álbum.
A fotografía reproduce o cadro costumista `A Muiñeira`, obra do pintor romántico Dionisio Fierros.

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021.

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

A Coruña-Santiago de Compostela - Fotografías

Pintura
Costumismo
Indumentaria tradicional

Cisneros Pereiro, Andrés, 1820-1895, Fotógrafo
Fierros Álvarez, Dionisio, 1827-1894, Pintor

8.9. Datos adicionais. Cobertura

A Coruña-Santiago de Compostela - Fotografías

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0002132RBC/Foto-17//077Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020Disponible