Descargar
Nivel de descrición:

Expediente

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.08 - Familia Acuña Castroviejo
01.08.04 - Joaquín Acuña Soage
01.08.04.01 - Documentos patrimoniais
01.08.04.01.01 - Xestión patrimonial
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.08.04.01.//FamAC/Caixa182-02


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

FamAC/Caixa182-02

1.2. Título

Joaquín Soage Pardavila

1.3. Datas

1845 / 1896

1.4. Nivel de descrición

Expediente

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 carpeta(s) Papel.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Soage Pardavila, Joaquín, 1817-1895

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Contén os documentos relacionados coa xestión dos seus bens que fixo Joaquín Soage Pardavila, tío materno de Joaquín Acuña Soage, na súa vida, así como a correspondencia recibida ou emitida. Joaquín Acuña Soage foi declaradao herdeiro universal de todo o patrimonio do seu tío.

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está previsto

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Pode haber novas achegas

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

5.4. Nota de Publicacións

Balseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018.

7. Área de control da descrición

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Soage Pardavila, Joaquín, 1817-1895

Items .. 1868 (1) 1869 (2) 1872 (1) 1873 (4) 1874 (1) 1878 (3) 1883 (1) 1885 (1) 1886 (3) 1887 (1) 1890 (3) 1891 (1) 1892 (1) 1893 (6) 1894 (4) 1895 (2)
FamAC/Caixa182-02//01 Conta de resaca dunha letra de cambio polos Sres. Rivero Oryazábal baixo a orde de Joaquín Soage e a cargo de Manuel Piña

FamAC/Caixa182-02//02 Conta de resaca dunha segunda letra de cambio polos Sres. Rivero Oryazábal baixo a orde de Joaquín Soage e a cargo de Manuel Piña

FamAC/Caixa182-02//03 Escritura de poder a favor de Joaquín Soage Pardavila

FamAC/Caixa182-02//04 Contrato do alugueiro dun cuarto por Joaquín Soage Pardavila, en Madrid

FamAC/Caixa182-02//05 Carta de José A. Soage a Joaquín Soage sobre a situación política de A Habana

FamAC/Caixa182-02//06 Carta de José A. Soage a Joaquín Soage sobre a Revolución de 1868 en España

FamAC/Caixa182-02//07 Carta de José A. Soage a Joaquín Soage sobre os seus negocios e relacións sociais

FamAC/Caixa182-02//08 Carta de José A. Soage a Joaquín Soage sobre a situación política de Arxentina co Brasil

FamAC/Caixa182-02//09 Carta de José A. Soage a Joaquín Soage sobre a situación política de Arxentina e de España

FamAC/Caixa182-02//10 Carta de José A. Soage a Joaquín Soage sobre a situación política de España e de Arxentina

FamAC/Caixa182-02//11 Carta de José A. Soage a Joaquín Soage sobre un premio que lle tocou en Cuba

FamAC/Caixa182-02//12 Carta de José A. Soage a Joaquín Soage sobre a súa saúde e os seus negocios

FamAC/Caixa182-02//13 Carta de Saturnino Soage a Joaquín Soage sobre o seu regreso á Arxentina

FamAC/Caixa182-02//14 Carta de Joaquín Acuña Soage a Joaquín Soage coa nova do nacemento do seu fillo Darío Sergio

FamAC/Caixa182-02//15 Carta de Saturnino Soage a Joaquín Soage sobre varios asuntos familiares

FamAC/Caixa182-02//16 Carta de Saturnino Soage a Joaquín Soage sobre cambios de domicilio

FamAC/Caixa182-02//17 Carta de Saturnino Soage a Joaquín Soage sobre un negocio en España

FamAC/Caixa182-02//18 Carta de Saturnino Soage a Joaquín Soage sobre un encontro co seu parente Pedro Mallo

FamAC/Caixa182-02//19 Carta de Saturnino Soage a Joaquín Soage sobre a rama familiar dos Villarino

FamAC/Caixa182-02//20 Carta de Saturnino Soage a Joaquín Soage sobre o cobro dunha débeda a Pedro Mallo

FamAC/Caixa182-02//21 Carta de Saturnino Soage a Joaquín Soage sobre a situación político-económica en Arxentina

FamAC/Caixa182-02//22 Carta de Joaquín Acuña Soage a Joaquín Soage coa nova do pasamento do seu pai, Juan Acuña

FamAC/Caixa182-02//23 Carta de Joaquín Acuña Soage a Joaquín Soage sobre as propiedades e disposicións dos ben de Juan Acuña

FamAC/Caixa182-02//24 Carta de José Félix Soage a Joaquín Soage sobre o prezo do ouro en Arxentina

FamAC/Caixa182-02//25 Carta de Enrique Rodríguez y Cia. a Joaquín Soage sobre o negocio que acaban de abrir en A Habana

FamAC/Caixa182-02//26 Carta de Isabel Urioste de Mallo a Joaquín Soage sobre o pago dunha débeda de Pedro Mallo

FamAC/Caixa182-02//27 Carta de Isabel Urioste de Mallo a Joaquín Soage sobre a débeda de Pedro Mallo

FamAC/Caixa182-02//28 Carta de José María de la ? a Joaquín Soage sobre a explosión do vapor Machichaco

FamAC/Caixa182-02//29 Esquela de Joaquín Soaje y Pardeavila

FamAC/Caixa182-02//30 Certificado de derradeiras vontades de Joaquín Soage Pardavila

FamAC/Caixa182-02//31 [Carta da firma Santos Eduardo de París a Joaquín Acuña Soage co extracto bancario da conta de Joaquín Soage Pardavila]

FamAC/Caixa182-02//32 Declaración de herdeiros de Joaquín Soage Pardavila a favor de Joaquín Acuña Soage

FamAC/Caixa182-02//33 Escritura de aceptación e manifestación de herdanza outorgada por Joaquín Soage Pardavila

FamAC/Caixa182-02//34 Copia do testamento de José Prendes Fernández

FamAC/Caixa182-02//35 Memoria descriptiva sobre la máquina de encajetillar cigarros denominada `Habana`

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0004901FamAC/Caixa182-02Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo non dixitalizadoDisponible