Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.01 - Documentos persoais
01.07.01.05 - Fotografías

[Retrato de familia de Don Ricardo Blanco-Cicerón]
1900, ca.
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 505 x 440 mm. Papel.. Regular, rotura nun dos laterais..
0
0
No reverso, un anaco de papel pegado con anotación a lapis
En formato horizontal retrato grupal, de corpo enteiro, frontal e en tres niveis. Sobre o chan e sentado, un rapaz vestido de mariñeiro (Simeón) e un cadelo negro. Sentados e de esquerda a dereita: home barbado con traxe escuro, camisa branca e gravata de lazo, muller (Herminia) con traxe de saia e chaquetiña, con grandes solapas e os cabelos recollidos; muller (Ana, nai de Ricardo ), vestida de negro con pano tamén negro atado ao pescozo; outro home con barba cana (Ricardo ) con traxe e gravata de lazo. De pé: moza (Mercedes) con camisa branca de volantes, e cabelos longos; rapaza ( María), con camisa clara decorada con bastas e cabelos recollidos carea atrás; rapaz (Tomás) con camisa escura e cabelos rapados; moza (Concha) con camisa branca con lazo no pescozo e cabelos recollidos en moño alto e outra rapaza (Mercedes) con camisa branca, con volante central, cabelos recollidos en cadea sobre o peito.
Castelán
RBC/P-5
Mostrar nivel inferior