Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.08 - Familia Acuña Castroviejo
01.08.04 - Joaquín Acuña Soage
01.08.04.02 - Documentos persoais
01.08.04.02.03 - Fotografías

Retrato de familia Joaquín Acuña Soage
1910-07-15
2 postal fotográficas(s). : Positivo en branco e negro ; 140 x 90 mm. Papel.. Bo.
0
A postal forma parte dun álbum con pregamento `Patent`, con tapas marróns decoradas con motivos florais en relevo. No interior quince páxinas co filo dourado, que presentan distintos formatos de ventás para expor as imaxes, moitas pintadas con varios motivos florais. Este tipo de pregamento naceu en 1864. Ata ese momento os álbums tiñan pouca flexibilidade e debilidade na estrutura de unión, o pregramento, solventaba o problema, ao incluir fitas de algodón, facendo unha especie de bisagra que permitía abrir totalmente o libro e aumentaba a súa durabilidade.
En formato horizontal retrato grupal de corpo enteiro e frontal. De esquerda a dereita: unha rapaza de pé con sombreiro e vestido claro, coas mans apoiadas no respaldo dunha cadeira, na que hai un canciño; un home sentado, con bastón e sombreiro; un neno de pé con pucho e flores na man; e Joaquín, sentado, con bastón e sombreiro.
Castelán
FamAC/Foto-22//013
Mostrar nivel inferior