Acordo e condicións engadidas de venda da Casa da Senra a Ricardo Blanco-Cicerón referentes as portas, cocheiras, ventás, luces e laudemio. Documento asinado polo representante e un apoderado dos vendedores e máis polo comprador.
Acta de sesión da Sección Arqueolóxica para crear as subcomisións: de obras, de propaganda e de correspondencia. Sinalando ademais a composición de cada unha coa estrutura de presidente, vocais e secretario
Blanco-Cicerón Núñez, Ricardo, 1844-1926
Inclúe documentos do seu paso pola alcaldía de Tui, como tenente de alcalde e como alcalde accidental, tales coma: actas plenarias, certificados, censos, estatísticas, presupostos, libros de contas..., e aqueles previos que precisou no desenvolvemento das súas funcións, así coma algúns da época posterior
Alegación de José Soto Suances e Valentina Veiga Fernández polos seus dereitos reais sobre a casa do Carme de Abaixo que din que lles debe Ricardo Blanco-Cicerón.
Plano dos alzados de 3 alturas e salas de mostras para a Exposición Regional Gallega de 1909
Conta do Concello de Cangas co axuste do recibo da contribución da finca chamada `Campo de la Retirosa`, en Coiro.
Fotomontaxe coa vista en detalle do anverso e reverso dunha arracada. TNo anverso, ten forma circular oca, formada por varias láminas de metal pegadas e decoradas no interior con cinco seccións semiesféricas. Na parte baixa, levan unha placa triangular con decoración incisa de puntos. E na parte superior, a cadeiña de fíos trenzados para colgar da orella.
Publicidade dos traballos téxtiles e prezos que realizan no Asilo de Oblatas del Santísimo Redentor de Santiago, no Carme de Abaixo, as mulleres acollidas alí.
Blanco-Cicerón Núñez, Ricardo, 1844-1926
Negocios e proxectos que as veces non se materializaron e outras si
Blanco-Cicerón Núñez, Ricardo, 1844-1926
Documentación variada sobre a súa actividade profesional como avogado nos despachos dos letrados Ramón Tojo e Julián Obaya
Bendición apostólica e indulxencia plenaria a favor de Ricardo Blanco-Cicerón e os seus consanguíneos e afíns ata o terceiro grao asinada polo cardeal C. Laurenzi, baixo unha imaxe enmarcada do papa León XIII.
Billete de invitación de Ricardo Blanco-Cicerón para a Congregación de La Anunciada e S. Luis Gonzaga de Santiago para os anos 1912-1913.
Billete da Invitación do Ateneo León XIII a Ricardo Blanco-Cicerón para asistir á velada homenaxe a Antonio López Ferreiro organizada no Seminario. Asinado por Máximo de la Riva García como Presidente da entidade.
Billete de invitación do Círculo Mercantil de Santiago a Ricardo Blanco-Cicerón para un baile de máscaras.
Billete de `La Ferrocarrilana` para unha viaxe en berlina de Ricardo Blanco-Cicerón a Santiago.
Billete personal e intransferible da Liga de Amigos de Santiago a Ricardo Blanco-Cicerón para asistir a un certame poético no salón de actos da Exposición Regional Gallega de 1909.