Nivel superior en:
ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO

01 ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES



Niveles inferiores:
01.02.01 Documentos persoais

01.02.02 Documentos patrimoniais

01.02.03 Documentos de función

01.02.04 Documentos alleos

01.02.05 Miscelánea

040 $a#HEREDA#
090 $a#HEREDA# $b#HEREDA# $e01.02
091 $cTEXT
092 $aFO_fondo
100 $aRodríguez Fraiz, Antonio $d1912-1995
245 $aAntonio Rodríguez Fraíz
300 $a34 u. i. $hPapel
351 $cFondo
506 $aTrátase de fondos xerados polo propio titular da documentación ao cal se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, pola cal queda excluida á copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992, de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, tendo en conta que esta non quita o acceso á documentación que, segundo establece á Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, tiña a condición de histórica, e o Reglamento da Bibioteca do Museo do Pobo Galego.
520 $aRecóllese documentación persoal de caracter biográfico, como homenaxes, correspondencia, recordatorios, invitacións, facturas, e outros documentos relacionados coa súa actividade relixiosa, ademais de intelectual e cultural, artigos de prensa seus ou sobre el, e outros en relación coas institucións de seu interese e ámbito (MPG, Pedrón de Ouro, Museo de Pontevedra, Amigos da Terra de Montes, Instituto Padre Sarmiento,...); do mesmo xeito, a documentación inclúe unha serie de coleccións facticias feitas polo propio Rodríguez-Fraíz.
530 $aNon existen copias
535 $aBiblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
540 $a#HEREDA#
541 $aAntonio Rodríguez Fraiz $cDoazón $d1995
545 $aSalvador Antonio Rodríguez Fraíz (Tomonde, 1912 - Campañó, 1995), relixioso e investigador galego, ademáis cofundador do Museo do Pobo Galego. En 1926 ingresou no seminario de Santiago de Compostela. En 1937 foi ordeado sacerdote e destinado a San Martiño de Moaña, despois a Vilariño (Teo), onde coñeceu a Raimundo López Pol, e ao ano seguinte a Cervás (Ares), onde a par, era capelán do rexemento de artillería de costa do cuartel de Montefaro. Neste tempo participou en charlas radiofónicas e publicou artigos en revistas. En 1951 tomou posesión como párroco de Campañó, e naqueles arquivos parroquiais atopou documentación do século XII; tamén descubriu unha mámoa ao carón da casa reitoral e cerámica castrexa xunto á igrexa. En Pontevedra trabou amizade con personalidades do Museo Provincial, como Filgueira Valverde, Alfredo García Alén, Modesto Rodríguez Figueiredo e Agustín Portela Paz. En 1959 comezou a colaborar en Faro de Vigo coa columna `Desde el atrio de la Peregrina`, e poco despois marchou a Porto Rico como misioneiro, formando parte do Equipo Misioneiro Pontificio para América creado por Pío XII. En Bós Aires entrou en contacto coa emigración galega e cos exiliados, contactando con Virxinia Pereira (a viúva de Castelao), Rodolfo Prada, Ramón Suárez Picallo, Blanco Amor ou Luís Soto. No camposanto da Chacarita oficiou unha misa en lingua galega. Regresou a Campañó e retomou as súas relacións co Museo de Pontevedra, publicando artigos na revista do mesmo. Deu outras misas en lingua galega, como a misa por Rosalía de Castro en Santiago, en Iria Flavia, no Santiaguiño do Monte (Padrón) e na carballeira de San Xusto (Cotobade) en 1975, onde foi denunciado pola Garda Civil. Estudoso da cultura galega, foi membro do Pedrón de Ouro, da comisión de Arte Sacra da arquidiocese de Santiago de Compostela, e do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, participando na sección de Historia e Xeografía. Cofundou o Museo do Pobo Galego, formando parte do seu padroado até a súa morte. Neste museo consérvase o seu legado, cunha sala que leva o seu nome e que alberga tamén a súa biblioteca persoal.
852 $a#HEREDA#
nº ControlSinaturaUbicaciónEstado
000004201.02Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible para préstamo