Descargar
Nivel de descrición:

Fondo

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.02.


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura


1.2. Título

Antonio Rodríguez Fraíz

1.4. Nivel de descrición

Fondo

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

34 u. i. Papel.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Rodríguez Fraiz, Antonio, 1912-1995

2.2 Historia Institucional/Biografía

Salvador Antonio Rodríguez Fraíz (Tomonde, 1912 - Campañó, 1995), relixioso e investigador galego, ademáis cofundador do Museo do Pobo Galego.
En 1926 ingresou no seminario de Santiago de Compostela. En 1937 foi ordeado sacerdote e destinado a San Martiño de Moaña, despois a Vilariño (Teo), onde coñeceu a Raimundo López Pol, e ao ano seguinte a Cervás (Ares), onde a par, era capelán do rexemento de artillería de costa do cuartel de Montefaro. Neste tempo participou en charlas radiofónicas e publicou artigos en revistas.
En 1951 tomou posesión como párroco de Campañó, e naqueles arquivos parroquiais atopou documentación do século XII; tamén descubriu unha mámoa ao carón da casa reitoral e cerámica castrexa xunto á igrexa.
En Pontevedra trabou amizade con personalidades do Museo Provincial, como Filgueira Valverde, Alfredo García Alén, Modesto Rodríguez Figueiredo e Agustín Portela Paz. En 1959 comezou a colaborar en Faro de Vigo coa columna `Desde el atrio de la Peregrina`, e poco despois marchou a Porto Rico como misioneiro, formando parte do Equipo Misioneiro Pontificio para América creado por Pío XII.
En Bós Aires entrou en contacto coa emigración galega e cos exiliados, contactando con Virxinia Pereira (a viúva de Castelao), Rodolfo Prada, Ramón Suárez Picallo, Blanco Amor ou Luís Soto. No camposanto da Chacarita oficiou unha misa en lingua galega.
Regresou a Campañó e retomou as súas relacións co Museo de Pontevedra, publicando artigos na revista do mesmo.... Ver máis

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Antonio Rodríguez Fraiz
1995

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Recóllese documentación persoal de caracter biográfico, como homenaxes, correspondencia, recordatorios, invitacións, facturas, e outros documentos relacionados coa súa actividade relixiosa, ademais de intelectual e cultural, artigos de prensa seus ou sobre el, e outros en relación coas institucións de seu interese e ámbito (MPG, Pedrón de Ouro, Museo de Pontevedra, Amigos da Terra de Montes, Instituto Padre Sarmiento,...); do mesmo xeito, a documentación inclúe unha serie de coleccións facticias feitas polo propio Rodríguez-Fraíz.

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Trátase de fondos xerados polo propio titular da documentación ao cal se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, pola cal queda excluida á copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992, de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, tendo en conta que esta non quita o acceso á documentación que, segundo establece á Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, tiña a condición de histórica, e o Reglamento da Bibioteca do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

7. Área de control da descrición

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

Items ..
01.02.01 Documentos persoais

01.02.02 Documentos patrimoniais

01.02.03 Documentos de función

01.02.04 Documentos alleos

01.02.05 Miscelánea

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
000004201.02Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible