Nivel superior en:
ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO

01 ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES



Niveles inferiores:
01.04.01 Documentos persoais

01.04.02 Documentos patrimoniais

01.04.03 Documentos de función

01.04.04 Miscelánea

040 $a#HEREDA#
090 $a#HEREDA# $b#HEREDA# $e01.04
091 $cTEXT
092 $aFO_fondo
100 $aBeiras García, Manuel $d1904-1996
245 $aManuel Beiras García
300 $hPapel
351 $cFondo
351 $a49 u. i.
506 $aTrátase de fondos xerados polo propio titular da documentación ao cal se le aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, pola cal queda excluida á copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992, de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, tendo en conta que esta non quita o acceso á documentación que, segundo establece á Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, tiña a condición de histórica, e o Reglamento da Bibioteca do Museo do Pobo Galego
520 $aOs fondos personais de Manuel Beiras García permiten documentar e coñecer a súa actividade profesional, os seus intereses persoais e o seu compromiso coa cultura galega e o a súa difusión. Conservánse documentos variados: homenaxes, honras e premios, correspondencia persoal, facturas, documentos da súa actividade empresarial, artigos tanto manuscritos como mecaografados, documentación política e otros ítems que demostran o seus variados intereses
530 $aNon existen copias
535 $aBiblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
540 $a#HEREDA#
541 $aHerdeiros de Manuel Beiras García $cDoazón $d2005
545 $aManuel Beiras García (Santiago de Compostela, 1904 - 1996) intelectual galego e político galeguista. Dende moi novo comezou a escribir. Aos dezaseis anos publicou o seu primeiro artigo xornalístico en Diario de Galicia. Posteriormente seguiu escribindo e traducindo ao galego baixo o pseudónimo `Eu ben sei`. Católico e galeguista, foi un dos fundadores do Partido Galeguista en 1931. Ao ano seguinte promoveu a celebración da primeira misa en galego. Militou no Partido Galeguista até 1935, cando xunto con outros militantes encabezados por Xosé Filgueira Valverde e Vicente Risco abandonou o partido polos seus pactos coa esquerda e fundou a Dereita Galeguista. Trala guerra civil prosigueu as súas actividades culturais e creou, xunto a Otero Pedrayo, Gómez Román, Luis Iglesias, Fermín Bouza Brey, Xaime Illa Couto, Antón Fraguas e Xesús Ferro Couselo, o Padroado Rosalía de Castro. Foi tamén moi activo no ámbito compostelán, creando a Orquestra Filharmónica de Compostela e promovendo actos como a celebración do Día de Galiza en Santiago de Compostela ou a Festa do Traxe Galego. Tralo fin da ditadura franquista, foi concelleiro no concello de Santiago de Compostela en 1979 polas listas da coalición Unidade Galega, e un dos responsábeis da refundación de Partido Galeguista en 1978. En 1985, ante a decisión da maioría dos militantes de disolver o partido e integrarse en Coalición Galega, participou nunha nova refundación do partido (V Congreso), formando parte da executiva do partido. Nas eleccións autonómicas galegas de 1989 foi número dous nas listas do Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG) pola Coruña, sen obter acta de deputado. Traduciu ao galego `Os contos de Grimm` e `Platero e eu`. Obtivo a Medalla Castelao en 1987, a Medalla de Ouro ao Mérito Cidadán de Santiago de Compostela en 1991 e foi nomeado Galego do Ano pola Universidade de Santiago de Compostela en 1995. O MPG alberga tamén a súa biblioteca persoal.
852 $a#HEREDA#
nº ControlSinaturaUbicaciónEstado
000004401.04Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible para préstamo