Descargar
Nivel de descrición:

Fondo

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.04.


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura


1.2. Título

Manuel Beiras García

1.4. Nivel de descrición

Fondo

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

Papel.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Beiras García, Manuel, 1904-1996

2.2 Historia Institucional/Biografía

Manuel Beiras García (Santiago de Compostela, 1904 - 1996) intelectual galego e político galeguista.
Dende moi novo comezou a escribir. Aos dezaseis anos publicou o seu primeiro artigo xornalístico en Diario de Galicia. Posteriormente seguiu escribindo e traducindo ao galego baixo o pseudónimo `Eu ben sei`.
Católico e galeguista, foi un dos fundadores do Partido Galeguista en 1931. Ao ano seguinte promoveu a celebración da primeira misa en galego. Militou no Partido Galeguista até 1935, cando xunto con outros militantes encabezados por Xosé Filgueira Valverde e Vicente Risco abandonou o partido polos seus pactos coa esquerda e fundou a Dereita Galeguista. Trala guerra civil prosigueu as súas actividades culturais e creou, xunto a Otero Pedrayo, Gómez Román, Luis Iglesias, Fermín Bouza Brey, Xaime Illa Couto, Antón Fraguas e Xesús Ferro Couselo, o Padroado Rosalía de Castro. Foi tamén moi activo no ámbito compostelán, creando a Orquestra Filharmónica de Compostela e promovendo actos como a celebración do Día de Galiza en Santiago de Compostela ou a Festa do Traxe Galego.
Tralo fin da ditadura franquista, foi concelleiro no concello de Santiago de Compostela en 1979 polas listas da coalición Unidade Galega, e un dos responsábeis da refundación de Partido Galeguista en 1978. En 1985, ante a decisión da maioría dos militantes de disolver o partido e integrarse en Coalición Galega, participou nunha nova refundación do partido (V Congreso), formando parte da executiva do... Ver máis

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Herdeiros de Manuel Beiras García
2005

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Os fondos personais de Manuel Beiras García permiten documentar e coñecer a súa actividade profesional, os seus intereses persoais e o seu compromiso coa cultura galega e o a súa difusión. Conservánse documentos variados: homenaxes, honras e premios, correspondencia persoal, facturas, documentos da súa actividade empresarial, artigos tanto manuscritos como mecaografados, documentación política e otros ítems que demostran o seus variados intereses

3.4. Organización

49 u. i.

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Trátase de fondos xerados polo propio titular da documentación ao cal se le aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, pola cal queda excluida á copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992, de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, tendo en conta que esta non quita o acceso á documentación que, segundo establece á Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, tiña a condición de histórica, e o Reglamento da Bibioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

7. Área de control da descrición

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

Items ..
01.04.01 Documentos persoais

01.04.02 Documentos patrimoniais

01.04.03 Documentos de función

01.04.04 Miscelánea

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
000004401.04Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible