1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 230 x 164 mm. sobre cartón de 335 x 238 mm. Papel.. Bo.
0
0
Data estimada pola celebración da Exposición Regional Gallega de 1909
Mención de responsabilidade no soporte secundario `J. Insua - Avenida Cervantes / Viveiro` Selo en tinta `Exposición Regional Gallega-Santiago / Sección Arqueológica - 1909` Título tomado da anotación do reverso No reverso 293 manuscrito, correspondente ao número do expositor da exposición
Vista detalle de grupo escultórico en composición piramidal; á esquerda figura masculina lixeiramente agachada con capa, coroa e portando un copón (Gaspar); á súa esquerda, figura de pé con turbante, barbado e cun cofre nas mans (Baltasar); no centro de seonllos, figura masculina (Melchor) entregando unha caixa a unha figura feminina sedente (Virxe) e con neno (Xesús) sobre as pernas. Completa a escena, outra figura masculina con barba e caperuza na cabeza (San Xosé) ao lado dereito da muller
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina